Esta actividade pertence ao programa:
Actividade do programa "Vigo arrólate": Charla "Vida práctica Montessori: autoestima e autonomía" (26 novembro 2019)
DIRIXIDO A: Pais-Nais. Familias, Educadores/as de cativas até 6 anos
DATA: Martes, 26 de novembro de 2019
LUGAR: Escola Infantil Municipal de Navia (rúa de Pedra Seixa, 37)
HORA: 18.30 h (duración aproximada 1,5 horas)
IMPARTIDO POR: Sara Penas, guía Montessori e formadora a nivel internacional
Prazo de inscrición: dende o luns 18 de novembro e ata completar as prazas
Inscrición: deben chamar ao teléfono 986 81 02 81 de 9:00 a 13:00 e facilitarnos nome, apelidos e teléfono de contacto
Sinopse:
Se xa te decataches de que a túa crianza prefiere unha tixola aos seus xoguetes, devece por usar a fregona, interésalle coidar as plantas e insiste en vestirse soa, este é o teu obradoiro.
Contarémosche que, na filosofia Montessori, preparamos dúcias de actividadas cotiás para o goce das e dos máis pequenos da casa e da escola. Son unha oportunidade única de ter experiencias sensoriais e motrices nun marco de realidade con sentido completo, que as e os levan á emocionante sensación de EU PODO FACELO!
Protección de datos: Estes datos incorporaranse ás correspondentes actividades de tratamento do Concello de Vigo e serán tratados coa finalidade específica de cada tratamento de conformidade coa regulación establecida polo Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello sobre protección de datos de carácter persoal e demais disposicións de aplicación.
A lexitimación do tratamento está baseada no consentimento das persoas interesadas.
O prazo de conservación dos datos dependerá do especificado para cada tratamento de datos persoais.
Os datos solicitados unicamente serán obxecto de cesión, no seu caso, previo consentimento da persoa interesada ou de acordo co previsto na citada lexislación.
As persoas cuxos datos persoais sexan tratados polo Concello de Vigo poderán exercitar os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación do tratamento e portabilidad, así como a opoñerse á toma de decisións individuais automatizadas, incluída a elaboración de perfís, na forma prevista na lexislación vixente sobre a materia, ante o órgano responsable do ficheiro. No caso de descoñecer este órgano, a solicitude dirixirase a dpd.vigo@vigo.org
Así mesmo os usuarios e usuarias tamén teñen dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos.