Documentación
Cartel da actividade
Esta actividade pertence ao programa:
Actividade do programa "Vigo arrólate": "Charla-obradoiro: Tecendo soños" (15 decembro 2019)

DIRIXIDO A: Mulleres embarazadas (IMPORTANTE: levar manta ou esteira)
DATA: Domingo, 15 de decembro de 2019
LUGAR: Verbum (Avda. de Samil, 17)
PASE: ás 12:30 Duración: 1 hora, aproximadamente

IMPARTIDO POR: Esperanza Mara, artista

ENTRADA CON INVITACIÓN PREVIA
Actividades no Verbum

As actividades organizadas pola Concellaría de Normalización Lingüística no Verbum terán, as seguintes normas:

Para acceder cómpre retirar previamente a invitación no Servizo de Normalización Lingüística (Casa do Concello, 1.º andar. Horario: de 9.00 a 13.30 h; e de 16.00 a 18.30 h na conserxería - planta baixa -).
Nas actividades destinadas a público infantil, só poderán asistir un máximo de dúas persoas adultas por cada nena/o.
Coa actividade iniciada non se permitirá o acceso.

Sinopse:
Por que nanas? Pois porque a nana é un canto que se adoita interpretar na intimidade para arrolar a un cativo con toda a maxia que este vínculo crea e non se programa asiduamente nin ve a luz en espectáculos públicos.
Neste obradoiro aprenderanse arrolos recollidos da tradición oral así como traballaremos aspectos relacionados coa maternidade e o feito propio de dar a luz.