SNL
SNL
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo

SNL

Actividades

Actividades

Documentación
Cartel da actividade

Esta actividade pertence ao programa:

Vigo arrólate

Actividade do programa "Vigo arrólate": charla "Montessori no fogar os primeiros 3 anos" (13 decembro 2019)

Actividade do programa "Vigo arrólate": charla "Montessori no fogar os primeiros 3 anos" (13 decembro 2019)

CHARLA DIRIXIDA A:        Pais-Nais de cativas até 3 anos ou que esperan un/unha bebé
DATA:       Venres, 13 de decembro de 2019
LUGAR:    Escola Infantil Municipal Bouzas
                   (rúa Casiano Martínez, 18)

HORA:      16.45 h (duración aproximada 1,5 horas)

IMPARTIDO POR:     Sara Pena, guía Montessori e formadora a nivel internacional


Prazo de inscrición:  dende o luns 2 de decembro e ata completar as prazas
Inscrición: deben chamar ao teléfono 986 81 02 81 de 9:00 a 13:00 e facilitarnos nome, apelidos e teléfono de contacto

Sinopse:

A chegada dun bebé sempre supón grandes cambios no día a día do fogar que as veces non sabemos como abordar, por iso queremos amosarvos as propostas que a filosofía Montessori ten para un momento tan especial. Da man de Sara Pena, guía Montessori e formadora a nivel internacional, coñeceremos os espazos preparados nas diferentes áreas da nosa casa e diferentes actividades que podemos ofrecerlles ás nosas crianzas dende o nacemento ata os 3 anos e máis aló.



Protección de datos: Estes datos incorporaranse ás correspondentes actividades de tratamento do Concello de Vigo e serán tratados coa finalidade específica de cada tratamento de conformidade coa regulación establecida polo Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello sobre protección de datos de carácter persoal e demais disposicións de aplicación.
A lexitimación do tratamento está baseada no consentimento das persoas interesadas.
O prazo de conservación dos datos dependerá do especificado para cada tratamento de datos persoais.
Os datos solicitados unicamente serán obxecto de cesión, no seu caso, previo consentimento da persoa interesada ou de acordo co previsto na citada lexislación.
As persoas cuxos datos persoais sexan tratados polo Concello de Vigo poderán exercitar os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación do tratamento e portabilidad, así como a opoñerse á toma de decisións individuais automatizadas, incluída a elaboración de perfís, na forma prevista na lexislación vixente sobre a materia, ante o órgano responsable do ficheiro. No caso de descoñecer este órgano, a solicitude dirixirase a dpd.vigo@vigo.org
Así mesmo os usuarios e usuarias tamén teñen dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos.

Volver atrás
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo
INICIO NOVAS SNL ACTIVIDADES FORMACIÓN CONSULTAS RECURSOS CIOV CURSOS DINAMIZACION PROGRAMAS BIBLIOTECA SUBSCRICIÓN A CONCELLARÍA LEXISLACIÓN CONTACTO Política de privacidade Aviso legal Accesibilidade
SNL