Esta actividade pertence ao programa:
Actividade do programa Vigo arrólate! (31/05/2019): Charla "Aprendendo a falar"
CHARLA DIRIXIDA A: familias con crianzas de 0 a 6 anos
DATA: venres, 31 de maio de 2019
LUGAR: Centro Municipal de Teis (Camiño das Maceiras, número 2)
HORA: 17.30 h (duración aproximada 90-120 min)
IMPARTIDO POR: Raquel Bello, psicóloga xeral sanitaria, especialista en Terapia Familiar Sistémica, Directora de Espazo Oikos
Máis información na web: snl.vigo.org (Vigo arrólate!-primavera 2019)
Prazo de inscrición: dende o venres 24 de maio e ata completar as prazas
Inscrición: deben chamar ao teléfono 986 81 02 81 de 9:00 a 13:00 e facilitarnos nome, apelidos e teléfono de contacto
Estes datos incorporaranse ás correspondentes actividades de tratamento do Concello de Vigo e serán tratados coa finalidade específica de cada tratamento de conformidade coa regulación establecida polo Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello sobre protección de datos de carácter persoal e demais disposicións de aplicación.
A lexitimación do tratamento está baseada no consentimento das persoas interesadas
O prazo de conservación dos datos dependerá do especificado para cada tratamento de datos persoais.
Os datos solicitados unicamente serán obxecto de cesión, no seu caso, previo consentimento da persoa interesada ou de acordo co previsto na citada lexislación.
As persoas cuxos datos persoais sexan tratados polo Concello de Vigo poderán exercitar os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación do tratamento e portabilidade, así como a opoñerse á toma de decisións individuais automatizadas, incluída a elaboración de perfís, na forma prevista na lexislación vixente sobre a materia, ante o órgano responsable do ficheiro. No caso de descoñecer este órgano, a solicitude dirixirase a dpd.vigo@vigo.org
Así mesmo os usuarios e usuarias tamén teñen dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos.