Achégate ao galego, nivel básico (outubro-novembro-decembro 2018)
Curso de lingua galega, nivel básico, para xente que apenas ten coñecementos da lingua galega.
O curso Achégate ao galego nivel básico está dirixido a persoas, de Galicia e de fóra dela, sen apenas coñecementos do idioma, que procuran formación para se iniciar na lingua galega e acadar unha competencia básica no uso do galego estándar.
O obxectivo primordial deste curso é familiarizarse coa lingua galega dun modo práctico e dinámico, dotando o alumnado dos recursos necesarios para desenvolver as habilidades lingüísticas básicas (escoitar, falar, ler e escribir), que lle permitan satisfacer as súas necesidades de comunicación máis primarias.
Mediante a exposición directa na aula a un uso vivo do idioma, fomentaremos a participación activa do alumnado, concentrándonos nas dificultades da aprendizaxe, para resolver as principais dúbidas coas que acotío se enfrontan as e os usuarios do galego.
O curso, de 42 horas, é de balde e está organizado polo Servizo de Normalización Lingüística.
Desenvolverase os luns e mércores, de 17 a 19.00 h, no Centro Local de Emprego e das Ocupacións (edificio Fernando Carrera - antiga reitoría -).
Volver atrás