SNL
SNL
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo

SNL

Formación

Formación

Achégate ao galego nivel 0 e nivel 1 (xaneiro-marzo 2019)

Achégate ao galego nivel 0 e nivel 1 (xaneiro-marzo 2019)

Cursos de achegamento á lingua galega no primeiro trimestre de 2019.

A Concellaría de Normalización Lingüística programa dous cursos, de 40 horas cada un, que se desenvolverán no primeiro trimestre de 2019: CURSO DE GALEGO NIVEL 0 e CURSO DE GALEGO NIVEL 1.

Lugar: aula 2 do 5º andar do Auditorio Mar de Vigo.

A metodoloxía será eminentemente práctica e fomentarase a participación activa do alumnado, xa que a mellor maneira de aprender é escoitando, falando, lendo e escribindo; traballaranse estas habilidades lingüísticas básicas, mediante a exposición directa na aula e un uso auténtico do idioma, incidindo nos aspectos de maior dificultade e nas dúbidas de tipo teórico-práctico coas que se enfrontan na súa práctica diaria, tanto na oralidade coma na escrita.

A inscrición é libre e de balde, e para formalizala cómpre cubrir o formulario dispoñible na web do SNL https://snl.vigo.org/inscricion.

No asunto deberán especificar o curso: CURSO DE GALEGO NIVEL 0 ou CURSO DE GALEGO NIVEL 1 (segundo corresponda).

Volver atrás
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo
INICIO NOVAS SNL ACTIVIDADES FORMACIÓN CONSULTAS RECURSOS CIOV CURSOS DINAMIZACION PROGRAMAS BIBLIOTECA SUBSCRICIÓN A CONCELLARÍA LEXISLACIÓN CONTACTO Política de privacidade Aviso legal Accesibilidade
SNL