SNL
SNL
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo

SNL

Formación

Formación

A viaxe de Navia (novembro 2018)

A viaxe de Navia (novembro 2018)

Obradoiro de escrita para rapazada de 8 a 11 anos, impartido por Xabier Xil Xardón.

O obxectivo desta actividade é a elaboración dun relato a partir de situacións, personaxes, pasaxes e pautas dadas.
Traballaranse as principais técnicas narrativas para construír colectivamente unha historia, e introduciranse elementos transversais como o ecoloxismo, a dicotomía rural/cidade e a igualdade.

O obradoiro ten unha duración de 4 horas, repartidas en dúas sesións, os venres 23 e 30 de novembro, en horario de 17.30 a 19.30 h.

A inscrición é de balde e cómpre formalizala no Servizo de Normalización Lingüística ou a través do correo electrónico: actividades.snl@vigo.org

Volver atrás
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo
INICIO NOVAS SNL ACTIVIDADES FORMACIÓN CONSULTAS RECURSOS CIOV CURSOS DINAMIZACION PROGRAMAS BIBLIOTECA SUBSCRICIÓN A CONCELLARÍA LEXISLACIÓN CONTACTO Política de privacidade Aviso legal Accesibilidade
SNL