20 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA NARRACIÓN ORAL (2021)
Espallando historias ao tempo por todo o país
O vindeiro sábado, 20 de marzo, celebramos o DÍA INTERNACIONAL DA NARRACIÓN ORAL.
Dende o SNL e o CIOV queremos difundir o Manifesto que a escritora Fina Casalderrey escribiu para esta data de celebración da palabra contada, retida e transmitida de xeración en xeración. Contos, lendas, historias que fan tamén un pobo, que nos engaden un xeito de sermos colectivo e individual.
Unha data que dende ATLÁNTICA, FALANDO A BOCA CHEA... SETE FALARES E NOGA, as contadoras e contadores van propiciar que sexan narradas historias e contos asemade por diferentes recantos do país.
Achegamos información sobre as actividades así como o manifesto de Fina Casalderrey
Feliz DÍA DA NARRACIÓN ORAL!
Volver atrás