SNL
SNL
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo

SNL

Actividades

Actividades

PRAZO DE INSCRICIÓN

PECHADO

Documentación

Esta actividade pertence ao programa:

Vigo literario

20.000 leguas nas ondas do mar de Vigo, setembro 2016

REMATADA, prazas completas
Paseo literario pola ría de Vigo, 17 de setembro

A Concellaría de Normalización Lingüística, en colaboración co Instituto de estudos Miñoranos, organizamos un novo paseo literario.

O sábado 17 de setembro achegarémonos á lírica medieval (aos trobadores da ría de Vigo) e ao novelista Jules Verne nun paseo literario pola ría de Vigo que nos levará até a illa de San Simón.

Guiarán este paseo Xosé R. Pena e Eduardo Rolland.

Sairemos ás 10.00 h (reunirémonos ás 9.45 detrás do Náutico na zona de embarque) e regresaremos ás 14.00 h. Faremos unha visita á Illa da Memoria.

O prezo deste paseo literario é de 6 euros. Pódense inscribir a partir do vindeiro luns (5) dende as 10.00 ás 13.00 h no teléfono 986 360575 (IEM).

No documento que achegamos está toda a información.

Volver atrás
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo
INICIO NOVAS SNL ACTIVIDADES FORMACIÓN CONSULTAS RECURSOS CIOV CURSOS DINAMIZACION PROGRAMAS BIBLIOTECA SUBSCRICIÓN A CONCELLARÍA LEXISLACIÓN CONTACTO Política de privacidade Aviso legal Accesibilidade
SNL