Esta actividade pertence ao programa:

"ROCKEANDO CON RAMONA ÓRBITA", no VERBUM o sábado 14 de maio ás 12:30
"Rockeando con Ramona Órbita" é un espectáculo musical do rockeiro e guitarreiro Pakolas. Un concerto para bailar e cantar en familia.
Con Pakolas contaremos e cantaremos a historia de Ramona Órbita, unha muller labrega da Serra do Courel, que posúe unha horta cibernética con patacas automáticas, e ademais ten unha máquina do tempo, o seu mellor invento. Con ela viaxa ao futuro e ao pasado na procura de tecnoloxía para crear un mundo mellor, mais ecolóxico e con enerxías limpas.
Volver atrás