SNL
CIOV
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo

CIOV

DINAMIZACIÓN

  • CIOV-Obradoiro de Slam, maio 2018

    CIOV-Obradoiro de Slam, maio 2018

    Rematado o prazo de inscrición

    A Concellaría de Normalización Lingüística vai levar a cabo un obradoiro gratuíto de Slam, de 2’5 horas (impartido por Silvia Penas)

    Para maiores de 16 anos.

    O obradoiro terá lugar o martes, 22 de maio de 2018 no Instituto Municipal de Educación-IME (camiño do Chouzo, 2) de 18:00 a 20:30 (prégase puntualidade)

    Para se inscribir deben enviar os seus datos (nome completo, idade e teléfono) ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org (deben poñer no asunto: obradoiro slam)

    Ver máis…
  • CIOV-Obradoiro de improvisación teatral outubro-novembro 2017

    CIOV-Obradoiro de improvisación teatral outubro-novembro 2017

    REMATADA

    A Concellaría de Normalización Lingüística vai levar a cabo un obradoiro de improvisación teatral, de 28 horas.

    O obradoiro será fundamentalmente práctico. Calquera concepto teórico desenvolverase a partir das problemáticas prácticas que xurdan no desenvolvemento das clases.

    Este obradoiro está destinado a maiores de 18 anos non profesionais no eido das artes escénicas.

    O obradoiro terá lugar os días 10, 17, 24, 31 de outubro; 7, 14, 21, 28 de novembro de 2017, de 17:00 a 20:00, no IME-Instituto Municipal de Educación (camiño do Chouzo, 2-salón de actos)

    Para se inscribir deben enviar un correo electrónico a actividades.snl@vigo.org, co seu nome completo e teléfono (poñer no asunto: obradoiro teatro)

    Ver máis…
  • CIOV-Cursos do Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo, curso outubro 2017-maio 2018

    CIOV-Cursos do Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo, curso outubro 2017-maio 2018

    REMATADA

    A Concellaría de Normalización Lingüística, a través do CIOV (Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo), continúa cos cursos de achegamento á improvisación oral en verso e á narración oral
    Tal e como vimos facendo noutros anos, as aulas van programarse desde outubro a maio, curso 2017-2018, en horario de tarde
    O CIOV está no camiño do Chouzo, 2, no Instituto Municipal de Educación (IME)-aula 17
    Os cursos son gratuítos

    As persoas interesadas nestes cursos deben enviar o seu nome completo e teléfono ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org (poñer no asunto: cursos ciov)

    Ver máis…
  • CIOV-ATLÁNTICA. 5.º festival internacional de narración oral, marzo 2017

    CIOV-ATLÁNTICA. 5.º festival internacional de narración oral, marzo 2017

    REMATADA
    Contos e cantos nordestinos
    Cláudia Fonseca


    O vindeiro 17 de marzo, na biblioteca Neira Vilas (Avda. Emilio Martínez Garrido, 21), ás 19.30 h Cláudia Fonseca, contadora de Brasil, achegaranos historias do Nordeste brasileño.

    A entrada é de balde, até se encher a capacidade.

    Esta actuación está enmarcada no 5.º Festival Internacional de narración oral, Atlántica.

    Ver máis…
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo
INICIO NOVAS SNL ACTIVIDADES FORMACIÓN CONSULTAS RECURSOS CIOV CURSOS DINAMIZACION PROGRAMAS BIBLIOTECA SUBSCRICIÓN A CONCELLARÍA LEXISLACIÓN CONTACTO Política de privacidade Aviso legal Accesibilidade
SNL