SNL
SNL
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo

SNL

ACTIVIDADES

  • IMOS CANTAR O NADAL!, decembro 2017

    IMOS CANTAR O NADAL!, decembro 2017

    Actividade rematada
    Obradoiro participativo de recuperación dos Cantos de Reis e Nadal.

    Destinado a público familiar, nenos e nenas de todas as idades e as súas familias (os menores de 5 anos terán que estar acompañados dunha persoa adulta).
    Non é necesario ningún tipo de inscrición.
     
    As actividades terán lugar (ver carteis para máis información):
    En Navia o 28 de decembro ás 17:00
    No Calvario o 29 de decembro ás 11:00
    En Teis o 29 de decembro ás 17:00
     
    Ver máis…
  • VIGO ARRÓLATE!, outubro 2017

    VIGO ARRÓLATE!, outubro 2017

    REMATADA

    VIGO ARRÓLATE! é un programa dirixido a vós, familias que estades a preparar a chegada dunha ou dun novo membro, ou que acabades de o ter ou adoptar.

    É un momento de cambios, e queremos achegarvos (in)formación para esta nova etapa que encetades; actividades que agardamos sexan do voso interese e contarmos así coa vosa presenza e suxestións.

    As crianzas van ver en vós un espello, vades ser o modelo para seguir. O que lles falades, cantedes, contedes, leades... van prender nelas como xermolo do seu mañá. E queremos que ese xermolo prenda na lingua de noso, que acompañe os nosos cativos e cativas no seu medrar porque no seu futuro está tamén o da nosa lingua.

    Vigo arrólate! son obradoiros, charlas, contadas, música, xogos... para compartirdes coas vosas crianzas e para garantirlle Mil primaveras máis á nosa lingua!
     
    Toda a información das actividades (datas, horarios, inscrición, etc.) poden consultala no seguinte enlace: premer en +ampliar
     
    Ver máis…
  • No verán... un conto 2017

    No verán... un conto 2017

    REMATADA
    No verán... un conto!


    Chega unha nova edición do programa "NO VERÁN... UN CONTO!" con actividades para público infantil, familiar e adulto.

    Contos, monicreques, obradoiros, xogos tradicionais, música, cantigas, contos en lingua de signos, regueifas... que se espallarán por diferentes zonas do noso concello: Bouzas, Casco Vello, Navia, A Miñoca, Coia, Teis, As Travesas, centro de Vigo, O Calvario, Castrelos...

    As actividades comezan o 7 de xullo e rematan o 1 de setembro.

    Ver máis…
  • Paseo para recollida das herbas de san Xoán, xuño 2017

    Paseo para recollida das herbas de san Xoán, xuño 2017

    REMATADA
    A Concellaría de Normalización Lingüística (en colaboración coa Sociedade Cultural e Deportiva Atlántida de Matamá) organiza este paseo para a recolleita das herbas de san Xoán.

    Todas as persoas interesadas deben presentarse no lugar referido ás 17:30

    Día: 23 de xuño de 2017

    Lugar: Comeza o paseo no torreiro que está a carón do colexio Josefa Alonso de Alonso (rúa de Manuel Cominges, 14)

    Hora: Reunirémonos ás 17:30

    Ver máis…
  • "Os Maios" celebración da chegada da primavera, maio 2017

    "Os Maios" celebración da chegada da primavera, maio 2017

    REMATADA

    A Concellaría de Normalización Lingüística organiza esta actividade para celebrar a chegada da primavera e que será levada a cabo pola Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello, ao longo do mes de maio.

    Para todos os públicos
    Duración: 60-90 minutos

     

    Festa cíclica presente na cultura rural europea dende tempos inmemoriais. Manifestación agraria a través da cal as xentes do campo celebraban o traballo da recollida dos froitos da primavera, representada no maio, adornando con elementos vexetais e froitos do campo.
    A rapazada levará a cabo a danza das cintas, despois dun pequeno obradoiro de aprendizaxe.

    Ver máis…
  • "Prende no colo" obradoiro didáctico para pais e nais con crianzas de 0 a 3 anos, abril 2017

    "Prende no colo" obradoiro didáctico para pais e nais con crianzas de 0 a 3 anos, abril 2017

    REMATADA, xa están completas todas as prazas

    A Concellaría de Normalización Lingüística e a Biblioteca Xosé Neira Vilas organizan este obradoiro para bebés de 0 a 3 anos. Obradoiro gratuíto

    Data: xoves 20 de abril, ás 18:00
    Lugar: na Biblioteca Xosé Neira Vilas (Avda. Emilio Martínez Garrido, 21)

    A inscrición comeza o 4 de abril ás 10:30. As prazas cóbrense por orde de inscrición
    Pódese formalizar a inscrición de calquera destes xeitos:
    1.-De forma presencial na biblioteca
    2.-Mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org (deben indicar nome e apelidos, idade, enderezo e teléfono)
    3.-A través do teléfono 986 26 77 59

    Ver máis…
  • No Nadal... un conto, 2016

    No Nadal... un conto, 2016

    REMATADA
    Outro ano máis......chegan as actividades de No Nadal... un conto

    Hai actividades:
    -que necesitan inscrición previa (até 3 anos)
    -que non necesitan inscrición previa (+ de 4 anos). Nestas, as prazas estarán dispoñibles até completar a capacidade do lugar da actividade
    -que tamén se contan en lingua de signos

    Ver máis…
  • No verán... un conto, 2016

    No verán... un conto, 2016

    REMATADA
    Novamente o Centro de Interpretación da Oralidade vai facer rular polas rúas, prazas, parques, areais; de Vigo:
    contos, regueifas, monicreques, cancións, lendas... dentro do programa "No verán... un conto".

    Desde o 6 de xullo ao 2 de setembro.

    Ver máis…
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo
INICIO NOVAS SNL ACTIVIDADES FORMACIÓN CONSULTAS RECURSOS CIOV CURSOS DINAMIZACION PROGRAMAS BIBLIOTECA SUBSCRICIÓN A CONCELLARÍA LEXISLACIÓN CONTACTO Política de privacidade Aviso legal Accesibilidade
SNL