SNL
SNL
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo

SNL

ACTIVIDADES

  • Os Maios 2018

    Os Maios 2018

    Actividade rematada

    A Concellaría de Normalización Lingüística organiza esta actividade para celebrar a chegada da primavera

    Festa cíclica presente na cultura rural europea dende tempos inmemoriais.

    Manifestación agraria a través da cal as xentes do campo celebraban o traballo da recollida dos froitos da primavera, representada no maio, adornando con elementos vexetais e froitos do campo.

    Ver máis…
  • IMOS CANTAR O NADAL!, decembro 2017

    IMOS CANTAR O NADAL!, decembro 2017

    Actividade rematada
    Obradoiro participativo de recuperación dos Cantos de Reis e Nadal.

    Destinado a público familiar, nenos e nenas de todas as idades e as súas familias (os menores de 5 anos terán que estar acompañados dunha persoa adulta).
    Non é necesario ningún tipo de inscrición.
     
    As actividades terán lugar (ver carteis para máis información):
    En Navia o 28 de decembro ás 17:00
    No Calvario o 29 de decembro ás 11:00
    En Teis o 29 de decembro ás 17:00
     
    Ver máis…
  • VIGO ARRÓLATE!, outubro 2017

    VIGO ARRÓLATE!, outubro 2017

    REMATADA

    VIGO ARRÓLATE! é un programa dirixido a vós, familias que estades a preparar a chegada dunha ou dun novo membro, ou que acabades de o ter ou adoptar.

    É un momento de cambios, e queremos achegarvos (in)formación para esta nova etapa que encetades; actividades que agardamos sexan do voso interese e contarmos así coa vosa presenza e suxestións.

    As crianzas van ver en vós un espello, vades ser o modelo para seguir. O que lles falades, cantedes, contedes, leades... van prender nelas como xermolo do seu mañá. E queremos que ese xermolo prenda na lingua de noso, que acompañe os nosos cativos e cativas no seu medrar porque no seu futuro está tamén o da nosa lingua.

    Vigo arrólate! son obradoiros, charlas, contadas, música, xogos... para compartirdes coas vosas crianzas e para garantirlle Mil primaveras máis á nosa lingua!
     
    Toda a información das actividades (datas, horarios, inscrición, etc.) poden consultala no seguinte enlace: premer en +ampliar
     
    Ver máis…
  • No verán... un conto 2017

    No verán... un conto 2017

    REMATADA
    No verán... un conto!


    Chega unha nova edición do programa "NO VERÁN... UN CONTO!" con actividades para público infantil, familiar e adulto.

    Contos, monicreques, obradoiros, xogos tradicionais, música, cantigas, contos en lingua de signos, regueifas... que se espallarán por diferentes zonas do noso concello: Bouzas, Casco Vello, Navia, A Miñoca, Coia, Teis, As Travesas, centro de Vigo, O Calvario, Castrelos...

    As actividades comezan o 7 de xullo e rematan o 1 de setembro.

    Ver máis…
  • Obradoiro de escrita creativa para rapazada entre 8 e 12 anos, xullo 2017

    Obradoiro de escrita creativa para rapazada entre 8 e 12 anos, xullo 2017

    REMATADA

    A Concellaría de Normalización Lingüística e a a.vv. Novo Vigo organizan este obradoiro gratuíto para a rapazada entre 8 e 12 anos

    Datas: martes 18 e xoves 20 de xullo, de 11:00 a 13:00
    Lugar: no local da A.VV. (rúa As Teixugueiras, 11-portal 6 oficina 9-B)

    Condicións da inscrición:

    -A inscrición farase enviando un correo electrónico a info@avvnovovigo.org (co seu nome completo e teléfono). Poñer no asunto do correo: curso de escritura creativa
    -Prazo de inscrición: dende o día 12 de xuño e ata completar as prazas
    -A inscrición será exclusivamente a través deste correo electrónico e ata completar as prazas por rigorosa orde de entrada do correo
    -A A.VV. (Telf.: 688 936 213) contestará a cada correo electrónico se están admitidos/as ou non, e serán as persoas que SI teñan praza
    -As solicitudes que se realicen con anterioridade ao inicio do prazo de inscrición non serán tidas en conta
    -As solicitudes de inscrición que non conteñan todos os datos solicitados non serán tidas en conta

    Ver máis…
  • "Os Maios" celebración da chegada da primavera, maio 2017

    "Os Maios" celebración da chegada da primavera, maio 2017

    REMATADA

    A Concellaría de Normalización Lingüística organiza esta actividade para celebrar a chegada da primavera e que será levada a cabo pola Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello, ao longo do mes de maio.

    Para todos os públicos
    Duración: 60-90 minutos

     

    Festa cíclica presente na cultura rural europea dende tempos inmemoriais. Manifestación agraria a través da cal as xentes do campo celebraban o traballo da recollida dos froitos da primavera, representada no maio, adornando con elementos vexetais e froitos do campo.
    A rapazada levará a cabo a danza das cintas, despois dun pequeno obradoiro de aprendizaxe.

    Ver máis…
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo
INICIO NOVAS SNL ACTIVIDADES FORMACIÓN CONSULTAS RECURSOS CIOV CURSOS DINAMIZACION PROGRAMAS BIBLIOTECA SUBSCRICIÓN A CONCELLARÍA LEXISLACIÓN CONTACTO Política de privacidade Aviso legal Accesibilidade
SNL