Toponimia Valadares

97 T O P Ó N I M O S O Cocho da Illa era o nome dunha área de monte e de arboredo hoxe ocupada polo parque tecnolóxico, no barrio do Portal. A illa (do latín insulam ) do segundo elemento do composto pode referirse á súa situación, unha insua no ángulo formado polo río dos Lavadouros na súa confluencia co r ío de Quintián. O Cocho da Fonte é unha área de terras de labor á beira do Tabán, no barrio do Freixo. Vén cualificado no Libro de afanegados como la - bradío de regadío de segunda calidade. O Cocho da Fonte da Grisvella ou O Cocho da Fonte da Igrexa Ve- lla son terras de labor nas Barrocas (  A Grisvella ); figura no Libro de afanegado s como « Cocho de Yglesia Vella » . Cochos é o nome dunha zona de vivendas e de terras de labor no Freixo, ao norte da Galiñeira, que nalgunhas fontes aparece tamén como Os Cochos da Galiñeira . No Libro de afanegados figuraba en singular, O Cocho da Galiñeira , e viña cualificado como labradío de regadío de segunda. É probablemente o mesmo que se rexistra no Ca- tastro de Ensenada co nome de Campo da Galiñeira . Os Cochos do Foxo é unha área de prados, mato e arboredo á beira da avenida de Clara Campoamor, no barrio do Portal. No Libro de afa- negados nomea prados de primeira calidade. O Cocho da Porca ou Babio-Cocho da Porca (  Babio ) é unha área de mato e de arboredo no barrio do Carregal, ao suroeste do parque tecnolóxico. O zoónimo porca (do latín porcam ) na toponimia tanto pode referirse á femia dun porco doméstico coma á dun porco bravo ou xabaril. O Cocho da Silveira é o nome dunha área de prados e de terras de labor nas Barrocas, á beira dos Bértolos, e toma o seu nome do nome da zona en que se encontra, A Silveira (  ). O Cocho da Torre son prados e terras de labor ao leste do lugar da Torre, no barrio da Igrexa, xa estremando co do Portal. Rexístrase co mesmo nome no Catastro de Ensenada: « al sitio Cocho da Torre » (  Torre ). O Cocho da Viña é unha área da estrema noroeste da parroquia, con terras de labor e prados, ao oeste de San Xoán, no Freixo. Figura con ese nome no Libro de afanegados , que a cualifica como labradío de regadío de segunda e de terceira calidade (  Viña ). O Cocho das Cans , nas Barrocas, toma o seu nome da zona en que se encontra (  Cans ).

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==