Toponimia Valadares

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : va l a da r e s 96 de dos ferrados de sembradura… » ( Segundos traslados , San Domingos Pontevedra, 1646). Considérase cocho un derivado de acochar ou agochar , que desig- naría en orixe un lugar cercado ou protexido para evitar a entrada de animais ou defendido do vento. Naturalmente, non ten ningunha rela- ción co seu homónimo cocho , nome do porco en zonas do norte de Galicia. Algún dos cochos da toponimia de Valadares son sen dúbida medievais (o sufixo diminutivo - elo no topónimo O Cochelo proba que ese nome é anterior ao século xiii ); outros poden ser máis recentes, pois cocho segue tendo uso na fala local. O Cocho do Carregal son terras de labor ao leste do núcleo do Ca- rregal, ao oeste do parque tecnolóxico e loxístico. O Cochelo é un labradío no barrio do Carregal, ao norte da saída do túnel. O Cochelo , cultivos ao norte do Cavadón, no barrio da Igrexa, con- tén o mesmo diminutivo medieval. Cocheliños , mato e cultivos no Freixo (en singular no Libro de afa- negados : « Cocheliño, tomada » ), é un derivado con dobre sufixo dimi- nutivo. O Cochiño das Barrocas son terras de labor nas Barrocas. Rexístrase con ese nome no Catastro de Ensenada e co de Cochiño-Barrocas no Libro de afanegados , onde se cualifica como labradío de segunda ca- lidade. Cochiños é o nome dunha área de prados na Sobreira, ao nordeste do Souto da Sobreira. Vén cualificado como devesa no Libro de afane- gados . O Cocho da Cal é unha área de terras de labor na Sobreira, ao leste da Ervellacosa (  Cal ). O Cocho da Devesa é o nome dunha área de mato no barrio do Carregal. No libro de apeos do convento de San Domingos de Ponte- vedra do ano 1591 menciónase « una heredad que se dize do Cocho da devesa» entre as propiedades que ese convento ten aforadas en Fragoso a Pedro de Beirán, veciño de Matamá.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==