Toponimia Valadares

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : va l a da r e s 94 de secaño de segunda calidade. Denomina o Camiño da Chanciña , vía asfaltada transversal á estrada da Gándara. Chosca  Fonte da Chosca Cirolas — — Cirolas (O Freixo) Cirolas é o nome dunha área de monte e de arboredo ao nordeste de San Xoán, no barrio do Freixo. Non se rexistra nas fontes escritas dos séculos xviii e xix , polo que podería ser un topónimo relativamente recente. Os dicionarios galegos recollen cirola , paralelo do castelán ciruela , como nome de certas variedades de ameixas, e quizais foi a presenza destas árbores froiteiras no lugar o que motivou o topónimo. Un plural cirolas denomina tamén unha peza de roupa, especie de cal- zón, mais é dificil que se empregue con este significado na toponimia, a menos que sexa a partir dun sobrenome ou alcume de propietario. Civiñeiros  Aceviñeiros Clara Campoamor — — Avenida de Clara Campoamor En 2006 a corporación municipal viguesa instituíu o nome de Cla- ra Campoamor para a vía pública que comunica Castrelos co Cam- pus Universitario das Lagoas, ata daquela comunmente mencionada na prensa local como vial do Cuvi ou vial da Universidade . Constitúe un exemplo da chamada “toponimia conmemorativa ou honorífica”, neste caso dedicada a Clara Campoamor (Madrid 1978 - Suíza 1972), deputada da II República, recoñecida loitadora polo sufraxio universal e o voto feminino. Cocho — — O Cocho do Carregal (O Carregal) — — O Cochelo (O Carregal)

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==