Toponimia Valadares

93 T O P Ó N I M O S A Chan da Gaspara , zona de monte, arboredo e terras de cultivo no barrio do Freixo. No Libro de afanegados viña cualificada como devesa de terceira calidade (  Gaspara, Baltasara ). A Chan da Regamán , área de mato e de arboredo ao sur do Cepudo, nas Barrocas, na estrema da parroquia coa de Vincios (  Regamán ). A Chan da Seca , monte e arboredo no barrio da Sobreira, na estrema da parroquia coa de Beade (  Seca ). A Chan da Eiriña , área de mato e de arboredo no barrio do Freixo, onda a estrada de San Xoán (  Eira ). A Chan de Seoane , terras de labor próximas ao núcleo de Seoane. No Libro de afanegados cualifícanse de labradío de secaño de segunda calidade (  Seoane ). A Chan do Cacheiro , pequena área de mato e de arboredo na Garri- da, á beira da estrada Gondomar-O Porriño, onda a rotonda alternativa do polígono da Pasaxe (  Cacheiro ). A Chan do Cagalleiro , mato e arboredo na ladeira norte do monte dos Pozos, no barrio das Barrrocas (  Cagalla ). A Chan do Carballo , terras de cultivo, mato e prados ao norte do campo de fútbol da Gándara, na Garrida (  Carballo ). A Chan do Cruceiro , terras de labor e de vivendas onda o camiño do Cruceiro, na Garrida (  Cruceiro ). A Chan do Cruceiro , área de terras de labor e de mato nas Barrocas. A Chan do Lugar , terras de labor e de vivendas nas Barrocas, ao leste de Courás (  Lugar ). A Chan dos Campos , área de mato e de arboredo entre o monte Alba e O Cepudo. No Catastro de Ensenada (onde consta como Chan de Campos ) e no Libro de afanegados viña cualificada como tomada e como monte de terceira calidade (  Campo ). A Chan dos Zocos é unha área de arboredo no oeste da parroquia, no barrio do Freixo, ao norte da Devesa de Arriba. O segundo elemento do composto é o substantivo común zoco (do latín soccum ) ‘calzado rústico tradicional con sola de madeira’. Descoñecemos a motivación do topónimo, talvez anecdótica; non se rexistra con ese nome no Ca- tastro de Ensenada nin no Libro de afanegados . A Chanciña é unha área chaira con prados e terras de labor no ba- rrio da Garrida, ao noroeste de Seoane. Rexístrase no Libro de afane- gados como Chanciña e Chanciñas e é cualificada como terra de labor

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==