Toponimia Valadares

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : va l a da r e s 92 e As Barrocas, á beira de Mandín, que en 1877 se rexistra tamén como Mandín-Cerdeira ou Cerdeiras-Mandín . Chan — — A Chan (O Freixo) — — A Chan (As Barrocas) — — A Chan da Eira (A Garrida) — — A Chan da Gándara (A Garrida) — — A Chan da Gaspara (O Freixo) — — A Chan da Regamán (As Barrocas) — — A Chan da Seca (A Sobreira) — — A Chan da Eiriña (O Freixo) — — A Chan de Seoane (A Garrida) — — A Chan do Cacheiro (A Garrida) — — A Chan do Cagalleiro (As Barrocas) — — A Chan do Carballo (A Garrida) — — A Chan do Cruceiro (As Barrocas) — — A Chan do Cruceiro (A Garrida) — — A Chan do Lugar (As Barrocas) — — A Chan dos Campos (As Barrocas) — — A Chan dos Zocos (O Freixo) — — A Chanciña (A Garrida) — — Camiño da Chanciña (A Garrida) Chan é o resultado común no galego occidental para o latín planum , planam . A forma feminina ( unha chan ) designa unha pequena chaira situada en terreos empinados e está moi presente na toponimia do Val de Fragoso e, en xeral, en toda a Galicia suroccidental. En Valadares temos os seguintes topónimos con este substantivo: A Chan , terras de labor e de vivendas no Freixo, ao sur de Pinzás. A Chan , terras de labor e de vivendas nas Barrocas, ao sur da Gris- vella. A Chan da Eira , pequeno núcleo habitado e terras de labor á beira de Seoane, na Garrida. No Catastro de Ensenada consta como lugar habitado e como terras de labradío de secaño de segunda calidade (  Eira ). A Chan da G á ndara , área de vivendas e de terras de labor na Garri- da (  Gándara ).

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==