Toponimia Valadares

91 T O P Ó N I M O S [sic, por Lapela ] y Cepudo en la parroquia de Valladares… » ( El Pueblo Gallego , 27/08/1953). A apertura dese camiño favoreceu sen dúbida a consolidación do novo nome. En 1960, no alto do monte inaugúrase unha emisora do servizo contra incendios e a prensa d á a noticia do acto, con presenza de autoridades, no Monte Cepudo ( El Pueblo Galle- go , 7/08/1960), cada vez máis coñecido por ese nome. Mesmo entre as sociedades de « marcha en montaña » , que adoitaban incluír o Monte do Gato nos seus itinerarios no Val de Fragoso, comezan a empregar nese tempo o novo nome. No mesmo ano 1960, a sociedade « Peña Trevinca, Montañeros de Galicia » , realiza a XVII Marcha de Regulari- dad e publica o percorrido empregando as dúas denominacións: «des - de Pereiró seguirán a Valladares para desde allí ascender a la primera cota del día en el Cepudo, conocido también por el Gato , magnifica atalaya sobre la ría de Vigo » ( El Pueblo Gallego , 30/04/1960). Coma outros topónimos situados en lugares elevados que serven de atalaia e que tamén conteñen o nome deste animal, é probable que houbese algún tipo de interferencia entre a familia léxica de gato (latín cattum ) e a de catar (latín captare ) ‘divisar ao lonxe’, aínda que tamén é verosímil que se refira ao animal, ben sexa o gato doméstico, ben sexa o gato bravo ou gato montés, especie extinguida hoxe na fauna local. Cerdeira — — As Cerdeiras (A Sobreira) — — Cerdeiras (A Garrida, As Barrocas) Cerdeira (do latín ceresariam ) é o nome común galego para designar a árbore que dá as cereixas. Na fala da zona convive cun sinónimo cereixeira . Cerdeira debeu ser a denominación orixinaria e cereixeira é posterior, nacida como derivado do nome da froita, cereixa (do latín ce - rasiam ). En documentos do século xvii relativos a foros de San Domingos de Pontevedra na parroquia de Valadares, menciónase un Campo da Cereixeira , que hoxe non puidemos localizar, entre as propiedades lin- deiras dun Campo de Trala Casa no Freixo ( Segundos traslados , 1646). As Cerdeiras é o nome dunha área de prados, terras de labor e mato no barrio da Sobreira, na actualidade soterrada polo parque tecnolóxi- co e loxístico; no Libro de afanegados cualifícase de labradío de rega- dío de segunda. Chámase tamén Cerdeiras unha área entre A Garrida

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==