Toponimia Valadares

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : va l a da r e s 90 recolle este Cepudo da parroquia viguesa de Valadares, aínda que non faltan exemplos de Cepos , Cepeiros , Cepeda e outros pertencentes á mesma familia léxica. Son derivados do substantivo común cepo (< la - tín cippum ), que na súa acepción máis habitual designa a ‘parte do tron- co dunha árbore que queda unida á terra despois de cortala’ (DRAG). O feminino cepa ten significados parecidos, mais emprégase sobre todo co de ‘pé de videira ou de viña’. Un adxectivo cepudo vén definido nos dicionarios como ‘pesado e voluminoso coma un cepo’, mais no seu emprego como topónimo parece máis verosimil que designase un lugar abundante en cepos ou cepas de árbores. Deforestar unha área para dedicala a cultivos (véxase Cachada , Cavada , Rozada etc.) adoitaba significar tamén decepala , isto é, retirar as raíces. No preito do lugar do Portal, en 1587, dise que «aví an enaxenado, partido, hendido y cortado & decepado la dicha dehesa de dicho lugar » . O nome do Monte Cepudo non parece un topónimo antigo. No Catastro de Ensenada non recibe esa denominación senón a de O Ou- teiro do Gato , que se inclúe entre os montes propiedade « del común de esta villa» . O nome actual de Cepudo rexistrámolo por primeira vez no século xx . Temos constancia de que na década de 1940 aínda era coñecido polo nome tradicional ou o seu continuador Monte do Gato . O itinerario do primeiro « Campeonato de Galicia de marcha por mon- taña » , con saída e chegada en Vigo no ano 1942 era o seguinte: monte do Castro, Freixeiro, Castrelos, As Carneiras, Valadares, monte Alba, monte Gato, empalme de Vincios, monte Galiñeiro, San Colmado, Beade, Sárdoma e Vigo, segundo reproducen varios xornais ( El Pueblo Gallego , 22/02/1942; El Ideal Gallego , 24/02/1942; El Correo Gallego , 25/02/1942). A primeira vez que rexistramos o nome de Cepudo é na cartografía militar de España de escala 1:50.000 datada en 1942, coin- cidente co mapa da mesma escala do Instituto Xeográfico Nacional publicada no ano 1943. Debeu de ser a presenza dese nome nos mapas oficiais o que contri- bu í u a asentar esa denominación e a desterrar a tradicional de Outeiro do Gato ou Monte do Gato . En 1953, a prensa viguesa informa dun acordo entre o concello e o Ministerio de Agricultura, dentro dos plans de repoboación forestal, polo cal se van abrir varios camiños nos mon- tes do termo municipal, entre eles, « el camino que parte desde la igle- sia de Matamá en la parroquia de Comesaña, con una longitud de cua- tro kilómetros; el que va desde la Garrida a los montes del Alba, Pela

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==