Toponimia Valadares

89 T O P Ó N I M O S que un topónimo Badiña que recollen algunhas fontes é realmente unha deturpación de A Cavadiña . O Cavadón é o nome dun núcleo habitado no barrio da Igrexa. Se- gundo vemos no Catastro de Ensenada, no século xviii tiña polo menos oito edificacións destinadas a vivenda. Na relación de veciños de 1877 lemos: « Francisco Troncoso Vila, del lugar do Cabadón » , « Luís Gonza- lez del lugar del Cabadón » etc. Centeo — — As Centeeiras (As Barrocas) O centeo (< latín centenum ), xunto co trigo e co paínzo ou millo miú- do, ademais do millo chegado de América, constituían os principais cereais cultivados tradicionalmente en Valadares. No Catastro de Ense- nada infórmasenos das rotacións dos cultivos de cereais na parroquia: «cada medida de sembradura de regadío produze en el primer año trigo, y en los dos siguientes maiz en todas tres calidades // Ygual me- dida de sembradura de secano produze en el primer año trigo y en los dos siguientes maiz la de primera calidad, la de segunda centeno en el primer año y en los dos siguientes maiz, y la de tercera solo zenteno». Un derivado de centeo é As Centeeiras , nome dunha zona de terras de labor e de vivendas nas Barrocas, ao leste das Cans. No Catastro de Ensenada rexístrase como Centeeyra , en singular, e vén cualificada como monte de primeira e de segunda calidade. No Libro de afanega- dos xa se recolle en plural: Centeeiras , Centieiras . Cepudo — — O Cepudo / Monte Cepudo (As Barrocas) — — Parque Forestal Monte Alba-Cepudo (As Barrocas) — — Área de Lecer do Monte Cepudo (As Barrocas) O Monte Cepudo , ou simplemente O Cepudo , cos seus 527 metros sobre o nivel do mar é a máxima elevación da parroquia de Valadares. Forma parte do brazo máis setentrional da serra do Galiñeiro e érguese xunto co monte Alba nunha soa unidade orográfica con dous cumes, O Cepudo ao sur e ao norte o monte Alba, con 507 metros. Cepudo é topónimo insólito na toponimia galega. O buscador Ga- licia Nomeada, que contén preto de medio millón de topónimos, só

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==