Toponimia Valadares

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : va l a da r e s 88 Na demarcación de Valadares no Catastro de Ensenada menciónase un Castro de Brito , onde se situaba un marco da estrema coa parroquia de Camos (pois daquela Chandebrito non era aínda parroquia e perten- cía a Camos). Cavada — — A Cavada (O Carregal) — — A Cavada da Costiña (O Freixo) — — A Cavada Vella (A Garrida) — — Cavadiña / As Cavadiñas (O Freixo) — — A Cavadiña (A Sobreira) — — A Cavadiña (do Cavadón) (A Igrexa) — — O Cavadón (A Igrexa) O substantivo cavada, en orixe o participio feminino do verbo cavar (do latín cavare ), na toponimia designa, igual ca cachada , tomada ou rozada , terreos de monte que foron labrados para destinalos ao cultivo. A Cavada é unha área de terras de labor e de vivendas no Carre- gal, ao suroeste do Canizo, non lonxe do Hospital Álvaro Cunqueiro. Rexístrase coa grafía Cabada no Libro de afanegados e cualifícase de labradío de secaño de segunda calidade. A Cavada da Costiña é o nome dunha área de mato, prados e arboredo en San Xoán, no Freixo, na estrema da parroquia, ao sur do Regueiro de Cartas (  Costiña ). O Libro de afanegados rexistra na Garrida un topónimo A Cavada Vella , que designa terras de labradío de regadío de segunda; non pui- demos localizalo na actualidade. Un diminutivo Cavadiña denomina unha área de cultivos, vivendas e monte no Freixo, ao sur do lugar da Presa. Identificámola coa que se rexistra no Catastro de Ensenada como A  Cavadiña do Freixo (« Caba- diña de Freixo » ), cualificada como toxal. Nalgunhas fontes aparece en plural ( Cabadiñas, tojar en 1877, As Cavadiñas en Galicia Nomeada). A Cavadiña é tamén unha área de terras de labor e de vivendas ao sur do Cavadón, no barrio da Igrexa. Tamén era coñecida como A Ca- vadiña unha área de prados e de arboredo na Sobreira, onda a estrema da parroquia, hoxe ocupada polo parque tecnolóxico. Consideramos

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==