Toponimia Valadares
l i m i a r 7 pormenorizada de toda a documentación histórica conservada rela- tiva á parroquia desde o medievo, incluída a de mosteiros, arquivos diocesanos, protocolos notariais, libros parroquiais, contratos de foros etc., talvez permitiría reconstruír a historia particular de cada topóni- mo e do espazo que nomea. Para este traballo usáronse parcialmente algunhas destas fontes dispoñibles. Do Arquivo Histórico Nacional de Madrid (ANH) tir áronse , entre outras, algunhas atestacións contidas na documentación relativa a preitos ou na xerada en instancias como os conventos de San Domingos de Pontevedra e das franciscanas de Vigo. A documentación pertencente a este arquivo consultouse a través de internet, no servidor Pares (Portal de Arquivos Españoles) do Ministe- rio de Cultura. Para a documentación anterior ao século xvi servímo - nos das bases contidas no Corpus Documentale Latinum Gallaeciae (CODOLGA) e no Tesouro Medieval Informatizado da Lingua Galega (TMILG), que recollen a transcrición da documentación medieval de Galicia en latín e en galego, respectivamente. Do Catastro de Ensenada (CME), consultáronse tanto o volume correspondente ás respostas ao Interrogatorio, que se atopa dixitalizado e accesible en internet, coma o volume correspondente á parroquia de Valadares do Real de Leigos ( Libro de lo Real de los Individuos Legos ), realizado en 1753 e conser- vado no Arquivo Provincial de Pontevedra, e tamén en copia dixital no Arquivo Galiciana. No Arquivo Provincial tamén puidemos consultar algunha documentación manuscrita de protocolos notariais relativos a lugares da parroquia. Outras fontes foron o Libro de afanegados da pa- rroquia de Valadares (1876-1877), en copia fotográfica facilitada polo centro veciñal, e nalgún caso fondos documentais do Arquivo Histórico da Universidade de Santiago de Compostela (AHUS) ou do Arquivo da Catedral de Santiago (ACS), tamén consultados a través de internet. Na bibliografía final atópanse as referencias completas das fontes docu- mentais citadas ao longo do texto. A relación de topónimos comentados aparece ordenada en entradas por orde alfabética, logo duns apartados iniciais onde se fai unha breve descrición da historia de Valadares desde que era couto señorial e o estudo do seu nome, así como a referencia aos seus principais núcleos de poboación e o rexistro deles nos diferentes nomenclátores. Ao final do libro exponse unha relación dos topónimos agrupados segundo a súa motivación semántica.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==