Toponimia Valadares
87 T O P Ó N I M O S As fontes documentais recollen en Valadares outros topónimos O Castañal (na Garrida) e Castañal-Costa (na Sobreira) que non puidemos localizar con precisión na actualidade. Un pequeno souto inmediato ao Instituto da Sobreira e coñecido como Os Castiñeiros ; debe de ser topónimo de creación recente, pois non se rexistra na documentación histórica. Castro — — O Castro (As Barrocas) — — Castro das Barrocas (As Barrocas) — — Castros (As Barrocas) — — Os Castros (A Sobreira) — — A Devesa de Castros (As Barrocas) Castro (do latín castrum ) é un nome moi común na toponimia galega. Polo regular designa asentamentos de poboación prehistóricos, razón pola cal adoita considerarse un topónimo de interese arqueolóxico. En Galicia cóntanse por centos os lugares chamados Castro ou O Castro . O Castro é o nome dun núcleo habitado e das terras de labor que o circundan no barrio das Barrocas, ao sur de Alba de Abaixo. Non lonxe, á beira da estrada do Souto, consérvanse restos arqueolóxicos no lugar denominado O Castro das Barrocas . Os Castros é unha zona de monte e de arboredo na Sobreira, ao leste da estrada da Garrida. No Libro de afanegados consta como devesa de segunda e de terceira calidade. Algo máis ao norte, á beira da mesma estrada, repítese o topónimo Os Castros , no lugar que identificamos co que no mapa do centro veciñal se denomina Castros-Mouteiras e no Catastro de Ensenada Castros de Arriba . Recibe tamén o nome de Castros unha zona das Barrocas, na aba do monte dos Pozos, próxima ao camiño da Pinguela, na estrema da parroquia coa de Chandebrito. O mesmo nome está presente tamén no topónimo A Devesa de Castros , unha pequena área de terras cultivadas e de arboredo ao sur dos Bértolos, nas Barrocas. En Valadares, ademais do mencionado Castro das Barrocas , consér- vanse outros restos arqueolóxicos catalogados como castros: o Castro do Monte Alba , ao pé da ermida, e o Castro da Sobreira , tamén chama- do Os Castros , onda o camiño do Piñeiro, na Sobreira.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==