Toponimia Valadares

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : va l a da r e s 86 Caseiro  Casa Casouteiro  Casa Castaña — — Castiñeira (O Freixo) — — As Castiñeiras (A Sobreira) — — O Castañal (A Garrida, A Sobreira) — — Os Castiñeiros (A Sobreira) As castañas foron no pasado, antes da difusión das patacas chega- das de América, un elemento de importancia capital na alimentación tradicional. O seu nome procede do latín castaneam ; na toponimia son frecuentes o derivado colectivo castañal , que corresponde ao latín cas - taneale , e os formados co sufixo - eiro , - eira ( castiñeiro , nome da árbore; castiñeira , lugar poboado de castiñeiros). Os derivados regulares cas- tañeira, castañeiro alteraron en /i/ a vogal pretónica por contacto coa consoante palatal. Na toponimia de Valadares están presentes as referencias aos casti- ñeiros nos seguintes nomes: Castiñeira é unha zona de mato e de prados á beira da Bouzacova, no barrio do Freixo. As Castiñeiras (Galicia Nomeada), Castiñeiras-Pinguela no mapa do centro veciñal, é unha zona de terras de labor, arboredo e mato ao sur da Pinguela, no barrio das Barrocas. No Catastro de Ensenada aparecen tamén coas denominacións alternativas de Castiñeiras de Portela de Alba e Castiñeiras de Alba , e no Libro de afanegados como Castiñeiras- Pinguela . As propiedades situadas nela veñen cualificadas como deve- sa e como monte de primeira e de segunda calidade e de labradío de segunda. Outro topónimo As Castiñeiras ( Castiñeiras-Sobreira no mapa do centro veciñal) nomea unha zona de cultivos no barrio da Sobreira, á beira dos Fabás, na estrema da parroquia. É probablemente o que se rexistra nos libros de foros de San Domingos de Pontevedra ( Segundos traslados , 1646) como Campo das Castiñeiras . No Libro de afanegados , a herdade denominada As Castiñeiras vén caracterizada como labradío e como viña de segunda calidade.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==