Toponimia Valadares

85 T O P Ó N I M O S Casa — — A Casa Vella / As Casas Vellas (O Freixo) — — A Regueira da Casa (O Freixo) — — Detrás da Casa / Tras da Casa (O Freixo) — — A Casa do Cura / A do Cura (As Barrocas) — — A Casa da Patrona (O Portal) — — A Casa da Malla (A Igrexa) — — Casouteiro (As Barrocas) — — Camiño do Caseiro (As Barrocas) O substantivo común casa (‘edificación que serve de vivenda’, do latín vulgar casam ) ten moita presenza na toponimia. No Catastro de En- senada rexístrase na parroquia de Valadares unha zona de pastos e de piñeiral denominada A Casa Vella en San Xoán, no Freixo. O Libro de afanegados recó lleo maioritariamente en plural, As Casas Vellas (carac - terizado como pastos, tomada e piñeiral). Neste mesmo libro constan, tamén en San Xoán, os topónimos A Regueira da Casa (labradío de regadío pero tamén « mato y peñascos » , « laguna e inculto » ) e Detrás da Casa ou Tras da Casa (« mato, peñas » ). Este último rexístrase tamén como Campo de Tras la cassa nos libros de apeos de 1646-1660 ( Se- gundos traslados ) de San Domingos de Pontevedra. Outros topónimos formados con casa son A Casa da Patrona (  A Patrona ) no Portal e A Casa da Malla (  A Malla ). Este último atéstase no Catastro de Ense- nada caracterizado como labradío de secaño de segunda calidade. A Casa do Cura ou A do Cura é denominación común da vivenda reito- ral, no barrio das Barrocas. Casouteiro é o nome dun núcleo habitado nas Barrocas e das terras de labor circundantes, que no Libro de afanegados viñan cualificadas como labradío de regadío e de secaño de segunda e de terceira cali- dade. É un composto de casa e outeiro (  ), quizais unha alteración dun orixinario Casa de Outeiro ou Casa do Outeiro , mais tamén puido nacer xa como un composto coa forma apocopada cas -. No Libro de afanegados rexístrase en ocasións como Cas-Outeiro . Un derivado de casa é caseiro ; coa acepción de ‘quen se ocupa dos bens e facendas dunha persoa que xeralmente non vive no campo’ (DRAG) está presente no nome do Camiño do Caseiro (  ), nas Barro- cas.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==