Toponimia Valadares

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : va l a da r e s 84 Carrexón — — Os Carrexóns (A Garrida) Na cartografía de Galicia Nomeada recóllese un topónimo Os Ca- rrexóns no barrio da Garrida que non rexistramos noutras fontes. Seme- lla o plural dun sobrenome Carrexón , probablemente relativo ao oficio de carrexón ‘transportista (en carros do país) de pedra ou leña’, que no pasado foi actividade común en Valadares e noutras parroquias de Fragoso. É un derivado do verbo carrexar ‘transportar pesos’, e este derivado de carro . Segundo vemos no Catastro de Ensenada, moitas rendas e foros da parroquia pag á banse en carros de leña ou de madeira. Carta, Carto — — Regueiro das Cartas (O Freixo) — — O Carto do Viño (Beade, propietarios de Valadares) O numeral ordinal correspondente ao número catro é hoxe en ga- lego cuarto/cuarta , mais tivo no pasado unha forma carto/carta que sobrevive por exemplo no nome popular do diñeiro ( os cartos ). Na to- ponimia, estes numerais ordinais poden referirse á renda que se pagaba polas propiedades, neste caso a cuarta parte da produción agrícola (cf. As Terzas ou As Tercias e topónimos semellantes). Non sabemos se é esta a motivación do nome do Regueiro das Cartas , en San Xoán, no barrio do Freixo, ou se realmente é un plural de carta ‘papel’ (do latín charta ), relativo a papeis oficiais ou sentenzas xudiciais, documentos ou instrumentos (  Estramontada ), pois este Regueiro das Cartas sinala a estrema do territorio da parroquia coa de Santo André de Comesaña. No Libro de afanegados rexístranse entre os veciños do barrio do Portal unhas propiedades chamadas O Carto do Viño , pertencentes realmente xa á parroquia de Beade. Neste caso interpretamos que de- ben o seu nome a que pagaban de renda a cuarta parte da súa produ- ción anual de viño.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==