Toponimia Valadares

83 T O P Ó N I M O S O substantivo carrizo (do latín caricium ) denomina varias especies de plantas gramíneas ou herbáceas propias de lugares húmidos. Un derivado colectivo de carrizo co sufixo correspondente ao latín – ale é carregal (< latín caricale ). É un topónimo relativamente frecuente; o Nomenclátor recolle máis dunha ducia de localidades chamadas O Carregal nas catro provincias galegas (dúas en Vigo, en Alcabre e en Valadares), ademais doutros derivados como Carragoso ou Carracedo . O Carregal é denominación dun dos barrios da parroquia de Vala- dares. Del toman o seu nome O Cocho do Carregal e mais o Muíño do Carregal . Este último rexístrase no Catastro de Ensenada: «molino de una rueda al sitio de Carregal » . Nese catastro e no Libro de afanegados constan outras partes da mesma zona baixo os nomes de Carregal de Carballal , Carregal de Leiras , Carregal de Viña , Lagoa-Carregal e Cava- da-Carregal . Carreira, Carreiro — — Fonte Carreira (As Barrocas) — — O Campo do Carreiro (O Freixo, As Barrocas) — — A do Carreiro (As Barrocas) Carreiro , carreira son derivados de carro . Designaban en orixe un camiño ancho que permitise o paso dun carro, pois ten orixe nunha ex- presión latina ( viam ) carrariam > carreira ‘camiño para carros’. Co paso do tempo mantivo ese significado o feminino carreira , en tanto que o masculino carreiro pasou a designar calquera camiño estreito. Fonte Carreira é unha zona de mato e de arboredo ao norte da Ga- roula, nas Barrocas. No Libro de afanegados as propiedades situadas nela cualíficanse como tomadas de piñeiral e de castañal. Non pode- mos saber se foi en orixe Fonte ( da ) Carreira e perdeu a preposición ou se Carreira naceu xa como adxectivo. O Campo do Carreiro é o nome dunha zona de mato e de terras de labor próxima á Portela de Alba. O Libro de afanegados cualif ícao como labradío de secaño de segunda e de terceira calidade e tamén como monte e toxal. A forma A do Carreiro , que se rexistra noutras fontes, responde a unha estrutura propia dos topónimos de propietario (A de + nome persoal), polo que cabe tamén a posibilidade de que en orixe O Carreiro nese caso non se referise a un camiño e fose un alcu- me ou un sobrenome.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==