Toponimia Valadares
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : va l a da r e s 82 No Catastro de Ensenada, entre as propiedades do rei na parroquia de Valadares consta « un vivero en el sitio de Cardosa [sic] » . Caride Fonte do Caride Carrapata, Carrapeto — — A Carrapata (A Sobreira) — — O Carrapatelo / O Carrapateiro (O Freixo) Carrapata en galego e en portugués, garrapata en castelán, son no- mes de orixe prerromana que designan un pequeno arácnido que pa- rasita os animais, tamén chamado en galego carracha . O seu uso na toponimia pode vir motivado pola presenza ou pola abundancia destes arácnidos nun lugar, mais tamén puido aplicarse con uso metafórico para referirse a unha propiedade moi pequena ou pouco produtiva. Os derivados de carrapata p ó dense confundir cos formados a partir do adxectivo carrapeto , carrapeta , tamén de probable orixe prerromana, que aplicado a seres vivos, animais ou vexetais, designa o ‘que non acadou o tamaño, a altura ou o desenvolvemento considerados nor- mais’, segundo o dicionario da DRAG, e que na toponimia adoita refe- rirse a lugares de vexetación pobre ou pouco desenvolvida. A Carrapata designa unha área de cultivos e de vivendas ao norte do Souto da Sobreira. Nun derivado O Carrapatelo , nome doutra zona de terras de labor e de vivendas ao noroeste do monte Alba, que nalgunhas fontes se rexistra como O Carrapateiro , poderiamos estar ante un dimi- nutivo do adxectivo carrapeto , aplicado en orixe quizais a unha árbore ou á vexetación ( « vexetación gateña ou carrapeta » : a que pola pobreza do solo non se desenvolve normalmente). Un sitio de Valadares no Ca- tastro de Ensenada e no Libro de afanegados recibe o nome de Gatiñeira , quizais relacionado co adxectivo gateño , do mesmo significado. Carregal — — O Carregal (O Carregal ) — — Muíño do Carregal (O Carregal) — — O Cocho do Carregal (O Carregal)
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==