Toponimia Valadares

81 T O P Ó N I M O S Un plural de carballal , na solución local Carballás , formou un novo plural Carballases , nome dunha área maioritariamente ocupada na ac- tualidade polo parque tecnolóxico e loxístico. Carballases é unha forma con dobre morfema de plural, como cafeses por cafés . Rexístrase con ese nome no Libro de afanegados , que tamén recolle Mato da Porta- Carballases e Carballases-Mato da Renta . No Catastro de Ensenada, a forma habitual era o singular Carballal : Carballal de Moo , Carballal de Mourella . Nunha das rúas do parque tecnolóxico preservouse este to- pónimo tradicional, mais por erro figura no rótulo como Rúa de Carba- lleses en lugar de Rúa de Carballases . É moi común tamén na toponimia o derivado co sufixo - eira , corres- pondente ao nome común ( carballeira ) que designa un arboredo de car- ballos. Está presente no nome dunha área de monte (mato e arboredo) chamada A Carballeira , próxima á vía VG-20, nos barrios do Freixo e do Portal, á beira dos Martices. No Catastro de Ensenada e no Libro de afanegados (onde tamén se rexistra como Carballeira-Martices ), as pro- piedades que reciben ese nome veñen cualificadas como labradío de re- gadío de terceira calidade e como devesa, piñeiral e monte de segunda. Cardo — — Cardoso / Cardosos (O Portal) — — Cardoso / Cardosos (As Barrocas) Cardo , do latín cardum , é o nome común de diversas especies de plantas, polo regular espiñentas e con flores. Est á presente este termo na toponimia de Valadares mediante derivados adxectivos formados co sufixo - oso , que en orixe designaron lugares abundantes nesa clase de vexetación. Co nome de Cardoso (e tamén o plural Cardosos ) é coñecida unha área de arboredo e de mato, hoxe tamén con vivendas, ao nordeste do barrio do Portal, ao sueste dos Teixugos. No Catastro de Ensenada cualifícase de devesa e de monte de primeira e de segunda calidade. En 1877 rexístrase como Cardoso-Teixugos . Tamén alterna o singular Cardoso co plural Cardosos ( Os Cardosos en Galicia Nomeada) para o nome dunha área de terras de labor e de mato ao oeste de Paredes, no barrio das Barrocas. No Libro de afane- gados aparece como Cardoso , prado e viña ou labradío de regadío de segunda.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==