Toponimia Valadares

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : va l a da r e s 80 Carballo — — Rega dos Carballos (As Barrocas) — — Carballiños (As Barrocas) — — Carballa Seca (A Sobreira) — — O Carballal (A Sobreira) — — Carballases (A Sobreira) — — Rúa de Carballases (A Sobreira) — — A Carballeira (O Freixo, O Portal) Carballo é o nome común con que se designa en galego a árbore Quercus robur . É unha palabra de orixe prerromana. Os carballos son probablemente a especie máis característica da paisaxe forestal galega tradicional, de aí a súa enorme presenza na toponimia. O Nomenclátor de Galicia recolle preto de duascentas localidades chamadas Carballo , Carballal , Carballeira , Carballedo etc., e na microtoponimia cóntanse por miles. A forma simple carballo está presente en plural no nome da área coñecida como Rega dos Carballos (  Rega ), no barrio das Barrocas. Unha zona de monte ao oeste do Zondal, na estrema occidental da parroquia, ten por nome o diminutivo plural Carballiños ; no Libro de afanegados as propiedades deste nome veñen cualificadas como toxal e mato. O feminino carballa adoita designar exemplares grandes de car- ballo. Unha desas árbores, xa seca, debeu permanecer na paisaxe o tempo suficiente como para suscitar o topónimo Carballa Seca , nome dunha área de prados e de campos de cultivo ao suroeste da Sobreira. Nun libro de apeos do ano 1591 de San Domingos de Pontevedra, un veciño de Matamá ten aforadas diferentes propiedades deste convento en Fragoso, entre elas en Valadares « un campo que se dize e nonbra da carballa seca que está çercado y çircundado sobre si que llieva de sembradura un buzio de pan » . No Catastro de Ensenada e no Libro de afanegados definen as propiedades que levan ese nome como prados e labradío de regadío de segunda e de terceira calidade. O derivado colectivo O Carballal nomea unha zona de terras de la- bor, mato e arboredo na Sobreira, ao norte dos Fabás. Quizais é a pro- piedade que aparece no mencionado libro de apeos de 1591 do con- vento de San Domingos de Pontevedra como « heredad do Carballal » .

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==