Toponimia Valadares
79 T O P Ó N I M O S Caramancho e caramanchel son termos comúns ao galego, ao por- tugués e ao castelán que designan unha estrutura que serve de cuberto, alpendre, alboio ou caseto para gardar apeiros e ferramentas ou outros usos. Considérase que estes nomes (igual ca outros derivados como Ca- ramanchón ou Caramuxo , este último sen relación co nome do molusco) pertencen á familia léxica do latín cámara ‘bóveda, cuarto’. No Quixote (I, XVI) lese nun contexto que informa do significado: « Hicieron una muy mala cama a don Quijote en un caramanchón que, en otros tiempos, daba manifiestos indicios que había servido de pajar muchos años » . Na toponimia de Valadares ten presenza no nome da zona denomi- nada O Caramancho , no Carregal, que no Catastro de Ensenada e no Li- bro de afanegados aparece caracterizado como toxal, devesa, piñeiral e labradío de secaño e de regadío de segunda e de terceira calidades. O derivado cun sufixo en - el podería ser un mozarabismo chegado des- de o sur da península, talvez a través do portugués, onde caramanchel é un termo usual que os dicionarios definen como ‘espécie de pavilhão revestido de vegetação, construído em parques ou jardins’ ( Dicionário Priberam ). Está presente nos nomes dunhas terras de labor (labradío de regadío de segunda calidade, segundo o Libro de afanegados ) no barrio do Portal, onde tamén denomina o Camiño do Caramanchel . No Ca- tastro de Ensenada rexístrase tamén un Muíño do Caramanchel entre os muíños da parroquia « al sitio de Caramanchel; es de una rueda, muele con agua corriente todo el año » . Ten a mesma orixe o nome da localidade de Carabanchel en Madrid. Nas fontes escritas, o nome do Caramancho en Valadares aparece ocasionalmente coa mesma altera- ción da consoante ( Carabancho ), coma na imaxe, correspondente ao Libro de afanegados . Caraña — — Caraña (As Barrocas) Caraña é o nome dunha área de terras de cultivo á beira de Paredes, nas Barrocas. No Libro de afanegados vén cualificada como labradío de secaño de segunda. É topónimo idéntico ao das localidades cha- madas Caraña de Arriba e Caraña de Abaixo no concello coruñés de Betanzos. Hai tamén o correspondente masculino Caraño como nome dunha parroquia en Pol, Lugo. Semellan topónimos prerromanos, posi- blemente formados sobre unha raíz * car- que significaría ‘pedra’.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==