Toponimia Valadares
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : va l a da r e s 78 podería explicarse tamén por un alcume ou sobrenome de propietario; se é carabel , o cesto, podería ser unha metáfora relativa á orografía cóncava do lugar, como adoita suceder cos nomes de recipientes apli- cados á toponimia. Caracol — — A Caracola (A Garrida) Coñécese como A Caracola unha área de prados e de mato no ba- rrio da Garrida, ao norte da Madorra de Quintas. Coma outros casos se- mellantes ( O Caracolo e A Illa do Caracolo , na parroquia de Sárdoma), os topónimos que conteñen o substantivo caracol ou formas emparen- tadas adoitan vir motivados por algunha realidade física (a orografía, unha formación pétrea, o curso dun camiño…) que lembra un caracol pola súa forma circular ou helicoidal, mais non podemos descartar que respondan a un sobrenome de persoa, coma outros nomes de animais. Caracol é unha palabra de orixe incerta, talvez prerromana, presente nas linguas romances da península ibérica e no occitano. Caramanchel, Caramancho — — O Caramanchel (O Portal) — — Camiño do Caramanchel (O Portal) — — Muíño do Caramanchel (O Portal) — — O Caramancho (O Carregal)
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==