Toponimia Valadares
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : va l a da r e s 6 Sarmiento, quen defendía o seu coñecemento vencellado a disciplinas como a historia, a xeografía, a botánica, a arqueoloxía ou a evolución da lingua. Os topónimos recollidos e comentados en Valadares pasan dos seiscentos, cunha densidade de aproximadamente corenta e oito no- mes por quilómetro cadrado nos case 13 Km 2 do territorio parroquial. É unha densidade relativamente baixa en comparación coa dalgunhas parroquias veciñas, o que se explica pola proporción de superficie de monte, onde en xeral cada topónimo designa áreas máis extensas ca en zonas de terras de labor. A situación de Valadares respecto do conglomerado urbano de Vigo pode supor unha ameaza para a toponimia histórica, pois con dema- siada frecuencia o proceso urbanizador tendeu a sepultar os nomes tradicionais. Afortunadamente, certas prácticas agresivas como as cha- madas « toponimia de repertorio » e « toponimia conmemorativa ou ho- norífica » van diminuíndo e non contan coa profusión que tiveran hai unhas décadas. No caso da parroquia de Valadares, de xeito modélico, no nome das vías principais do actual parque tecnolóxico e loxístico conservouse o nome tradicional dos terreos que ocupou o polígono. Mais non sempre ocorre así. O progresivo despoboamento da Galicia interior, así como o proceso urbanizador da área atlántica, que impón con máis frecuencia da desexable novos nomes aos antigos espazos rurais que vai colonizando, supoñen un risco para o patrimonio topo- nímico. Na medida en que a xente vaia tomando conciencia do valor e da utilidade deste patrimonio, máis garantía haberá da súa supervi- vencia. Estas páxinas son unha primeira aproximación ao estudo do vasto corpus toponímico de Valadares que logrou conservarse e chegar ata nós. Normalmente, os topónimos que designan realidades xeográficas de ámbito relativamente extenso, ou os que nomean cursos de auga de certa importancia, por exemplo, adoitan ser milenarios, remontan ás linguas faladas no noroeste peninsular na prehistoria e son os que mellor sobreviven. Pola contra, os nomes que designan realidades de ámbito máis reducido, como pode ser unha leira cultivada, son os que corren máis perigo de verse alterados en calquera momento da histo- ria, pola mudanza de propietario, de cultivos, de uso ou de calquera das características que motivaron o nome orixinario. Unha consulta
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==