Toponimia Valadares

77 T O P Ó N I M O S parroquia coa de Comesaña. A obra orixinaria disque é medieval; hai noticias dela no século xvii onde se di que o seu estado é ruinoso. No Catastro de Ensenada non se menciona, quizais porque estaba daquela arruinada, pero restaurouse no mesmo século xviii . No século xix foi obxecto de disputas entre a parroquia de Valadares e a de Comesaña. No Libro de afanegados menciónanse en San Xoán propiedades baixo o nome de Capilla cualificadas como labradío de secaño. Certa lenda local asegura que a figura do santo venerada na ca- pela procede de Seoane. Non é inverosímil que en Seoane (  ), dado o nome, houbese unha primitiva capela dedicada a San Xoán e que nalgún momento da Idade Media se trasladase o seu culto ao outro extremo da parroquia. Calabanda / Carabanda — — Calabanda / Carabanda (A Igrexa) Na documentación histórica de Valadares rexístrase un topónimo Calabanda ou Carabanda entre as propiedades de veciños residentes na Rabadeira, que nomea terras cualificadas como tomada de segunda calidade (1877). Non puidemos localizalo con exactitude hoxe. Inter- pretamos que contén unha alteración de Aquela Banda (  Bandeira ). O nome viría motivado pola situación do outro lado dalgún accidente orográfico ou dun curso de auga, igual ca noutros topónimos como Alén  ou Lugar de Alá  . Caravel / Carabel — — O Caravel / O Carabel (O Freixo, As Barrocas) — — A Coutada do Caravel (A Garrida) O Carabel ou O Caravel é unha zona de monte ao suroeste d o Río Seco, ao leste do Zondal. No Libro de afanegados consta como « Cara- bel-Río Seco; tomada de terceira » . A Coutada do Carabel é tamén unha área de monte na estrema da Garrida con Vincios, ao sur do monte chamado Os Foxos de Vincios, ao noroeste do polígono da Pasaxe; no mesmo Libro de afanegados rexístrase como tomada de segunda cali- dade. Non podemos saber se estes dous topónimos conteñen o subs- tantivo na acepción de carabel ‘carabelo, pequeno cesto con asa’ ou na de caravel ‘certa flor’. Se é esta última, a súa presenza neses nomes

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==