Toponimia Valadares
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : va l a da r e s 76 década de 1970 falábase na prensa do proxecto de construción dun novo vertedoiro municipal de lixo en Vigo « en la zona de Coviles-Zon- dal» ( El Pueblo Gallego , 24/02/1978). É verosímil que se trate do nome da empresa explotadora da canteira, pois « Coviles, Construcciones Ci- viles S. A. » era por aqueles anos o nome da compañía de construción que realizou importantes obras públicas en Vigo, como a estación ma- rítima e parte dos peiraos do porto ou o sanatorio do Rebullón…, que quizais están construídas con pedra das ladeiras do Cepudo. A Canteira de Fontefría recibe o seu nome pola proximidade ao marco de Fonte- fría, onde estreman as parroquias de Beade, Zamáns e Valadares. Cantón — — O Cantón do Foxo (O Portal) — — O Cantón de Vilariño (A Garrida) Cantón é un derivado de canto ‘esquina, recanto, recuncho’, outro termo de probable orixe céltica, pero distinto do canto ‘pedra’ do apar- tado anterior. Na toponimia de Valadares está presente no nome das áreas chamadas O Cantón do Foxo , ao noroeste do parque tecnolóxico e loxístico, onda unha rotonda da avenida de Clara Campoamor, e O Cantón de Vilariño (Vilariño-Cantón no mapa do centro veciñal) na Garrida, no suroeste da parroquia, ao norte da Regamán. En ambos os casos designa zonas inmediatas aos lindeiros da parroquia e do antigo couto, o primeiro na estrema coa parroquia de Beade, o segundo coa de Vincios, polo que deducimos que é esa situación a que motivou o topónimo cantón . No Libro de afanegados menciónase un Cantón de Fontefría (Fontefría-Cantón) que non sabemos se se refire ao Cantón do Foxo ou é un terceiro topónimo na área de Fontefría, onde estrema Valadares con Beade e Zamáns. Capela — — A Capela (de San Xoán do Freixo) (O Freixo) O substantivo común capela contén un dimunivo de capa , a peza de roupa de abrigo, porque se lle deu ese nome en orixe a un oratorio dedicado a custodiar a reliquia da capa de San Martiño, e de aí pasou a designar calquera oratorio ou ermida de pequeno tamaño. A Capela de San Xoán do Freixo é unha pequena construción na estrema da
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==