Toponimia Valadares

75 T O P Ó N I M O S — — A Cañoteira (As Barrocas) O substantivo común cañota ten, entre outras acepcións, a de ‘raíz ou cepo que queda dunha árbore caída ou cortada’, e polo regular ese é o significado que motiva os topónimos en que está presente. O mas- culino cañoto , ademais do significado de ‘pau seco, pau, garabullo’ tamén ten uso como adxectivo aplicado a persoas, cañoto ‘zurdo, es- querdeiro’, coma no portugués canhoto , polo que no nome dunha área de monte e de arboredo do barrio da Sobreira chamada A Coutada do Cañoto poderiamos estar ante un sobrenome de propietario. No Libro de afanegados rexístrase como Cañoto e cualifícase como toxal de se- gunda e labradío de regadío de terceira. Un plural do derivado de cañota co sufixo colectivo - al , cañotal , está presente no nome do camiño que aparece na rotulación viaria mu- nicipal como Camiño dos Cañotais , que nomea tamén unha área de vi- vendas, terras de labor, mato e prados chamada Os Cañotais , no barrio do Carregal, ao oeste do Hospital Álvaro Cunqueiro. É propiamente un topónimo da veciña parroquia de Beade. A propia morfoloxía do plural en - ais , propia do galego estándar, delátao como formación recente, pois coa solución tradicional da fala local esperariamos Cañotás , coma en Currás , plural de curral . Na documentación histórica rexistramos un individuo chamado Domingo de Ca ñ otaes no ano 1345 (TMILG), mais non garda relación con Valadares. Outro derivado, A Cañoteira , que denomina unha zona de vivendas e de terras de labor nas Barrocas, ao sur da Chan do Lugar, probablemente debeu o seu nome á presenza de cañotas ou cepos de árbores no lugar. Canteira — — Canteira de Cubiles / Coviles (O Freixo) — — Canteira de Fontefría (A Sobreira) Canteira é termo común en galego para designar unha explotación de onde se extrae pedra. É derivado de canto ‘pedra’; este canto é pa- labra hispánica de orixe prerromana, posiblemente céltica. No Catastro de Ensenada rexistrábase na parroquia un único veciño co oficio de pe- dreiro. Descoñecemos o significado do segundo elemento ( Coviles ou Cubiles ) do nome dunha canteira que rexistran algunhas fontes como A Canteira de Cubiles . Pode ser un topónimo relativamente recente. Na

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==