Toponimia Valadares

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : va l a da r e s 74 lificación no Libro de afanegados , onde ás veces se rexistra con grafía ceceante, Candoza . Canizo — — O Canizo (O Carregal) — — Lavadouro do Canizo (O Carregal) — — Rego dos Canizos (A Garrida) Canizo (do latín cannitium , un derivado de canna ‘cana’) é o nome común do hórreo en diferentes áreas de Galicia. En Valadares o nome tradicional dos hórreos era maioritariamente cabana , mais tamén ten uso canizo , habitual noutras parroquias da zona e no veciño Val de Miñor. Os topónimos en que está presente este termo, se non veñen motivados por unha desas construcións, tamén puideron designar en orixe unha matogueira de canas nas marxes dun campo. O Canizo é como se coñece unha zona do barrio do Carregal, cons- tituída por vivendas, terras de labor e mato, que tamén nomea o Lava- douro do Canizo . Non debe de ser un topónimo antigo, pois non se rexistra no Catastro de Ensenada. Ao sur de Seoane, unha área de ar- boredo onda a estrada Gondomar-O Porriño, na estrema con Zamáns, recibe o nome de Rego dos Canizos (  ). Cano — — O Cano (As Barrocas) O nome común cano (lat cannu ) designa unha condución artificial, sexa un tubo cilíndrico, sexa un leito estreito e pouco profundo, para que corra por el a auga ou outro líquido. O Cano é o nome dunha área de terras de labor e de mato no barrio das Barrocas, ao sur da Silveira, ao norte da Lagoa da Cacheira. Debe de corresponder ao que aparece no Libro de afanegados como Campo do Cano , caracterizado como labradío de regadío de segunda calidade. Cañoto, Cañota — — A Coutada do Cañoto (A Sobreira) — — Camiño dos Cañotais (O Carregal) — — Os Cañotais (O Carregal)

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==