Toponimia Valadares
73 T O P Ó N I M O S e doutras árbores semellantes’), no seu uso máis común, o nome de candea (< latín candelam ) aplícase ao ‘obxecto de cera en forma de ci- lindro longo, que leva unha torcida no seu interior e serve para alumar’ (DRAG), correspondente ao castelán candela ou vela . A presenza deste nome na toponimia agrícola adoita vir motivado por doazóns ou por cargas fiscais destinadas á iluminación dunha igrexa. Nun dos docu- mentos do preito contra os Sarmiento de Valadares, do ano 1597, men- ciónase unha « heredad da candea de santa Xtina » para referirse a unha propiedade agrícola que destinaba o seu produto anual á iluminación da igrexa parroquial de Santa Cristina de Lavadores. As Candeas é o nome dunha área de arboredo, prados e terras de labor no barrio das Barrocas, ao leste do Campo da Viña e ao sur de Mandín. No Catastro de Ensenada as terras deste nome (labradío de secaño de segunda « al sitio de Candeas » ) eran propiedade de Jacinto Alonso, veciño da Portela de Alba de Arriba, e pag á banlle anualmente tres oitavos de ferrado de trigo á igrexa parroquial, o que parece con- firmar que o topónimo veu motivado por esa renda destinada á cera da iluminación da igrexa. No Libro de afanegados rexístrase nalgunha ocasión como Candea de la Iglesia , e dela toma o seu nome a Fonte da Candea da Igrexa (As Barrocas). Cando — — Candosa (O Portal) Os dicionarios definen cando como ‘pau pequeno e delgado, que se usa sobre todo para prender lume’ (DRAG, s. v. carabullo). Este subs- tantivo cando , coma o leonés cándanu , é un termo propio do noroeste hispánico que se rexistra como candanum no latín medieval e posible- mente ten orixe prerromana, aínda que tamén garda parentesco etimo- lóxico co verbo latino candere ‘arder’. Na toponimia, os distintos Can- doso , Candedo , Candeira designaron en orixe lugares onde se apañaba material para prender lume. Candosa é o nome dunha zona de vivendas, terras de labor e arbo- redo no barrio do Portal, na zona do Foxo, ao oeste do parque tecnoló- xico e loxístico. No Catastro de Ensenada as terras rexistradas «al sitio de Candosa » son cualificadas como devesa de primeira e de segunda e como regadío de primeira, segunda e terceira. Recibe a mesma cua-
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==