Toponimia Valadares

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : va l a da r e s 72 ao norte do Campo da Eira e mais nun Campo das Canas (  ), tamén no Freixo. Canaval — — O Canaval-Alto do Canaval (As Barrocas) — — O Canaval (O Freixo) O nome galego canaval , como o portugués canavial , considéran- se derivados mediante o sufixo colectivo - al (do latín - ale ) a partir de * canavea (do latín canna avena ) e designan lugares poboados de canas (  Cana ). No territorio de Valadares temos este substantivo en dous topónimos. Un deles é O Canaval ou o Alto do Canaval , unha extensa área de monte e de arboredo ao suroeste do monte Cepudo, na zona da Lapela e do Estripeiro. Outro, O Canaval , unha pequena área de terras de labor e de arboredo en San Xoán, no barrio do Freixo, á beira das chamadas A Andresa e O Campo de Abaixo. No Libro de afanegados , o primeiro aparece cualificado como monte, toxal e devesa; o segundo, como terras de labor de regadío e de secaño. Cancela — — Cancela / Cancelas (As Barrocas) O nome cancela (do latín cancellam ) vén definido nos dicionarios como ‘porta formada por táboas ou paus separados entre si e unidos aos traveseiros, que pecha o paso a unha propiedade’. Na toponimia de Valadares está presente en Cancela ou Cancelas , nome duns prados e terras de labor ao sur do núcleo do Castro, no barrio das Barrocas. No Catastro de Ensenada e no Libro de afanegados rexístrase indistin- tamente en singular e en plural ( Cancela , Cancelas ) e vén cualificado como labradío de secaño e de regadío de segunda e de terceira cali- dades. Candea — — As Candeas / A Candea (As Barrocas) — — Fonte da Candea / Fonte da Candea da Igrexa (As Barrocas) Aínda que os dicionarios tamén recollen para o substantivo galego candea outras acepcións secundarias (por exemplo, ‘flor do castiñeiro

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==