Toponimia Valadares
71 T O P Ó N I M O S maioritariamente en singular, Campiño , cualificado como labradío de regadío de segunda e de terceira calidades. O Campiño das Cans é unha área de monte e de prados entre Os Mancales e O Groño, no barrio da Garrida. Identificámolo co que apa- rece no Catastro de Ensenada como Campiño de Cans e no Libro de afanegados como Campiño-Cans , cualificado como prados, mato e pi- ñeiral de primeira calidade. Un derivado de campo é escampar , verbo formado mediante o pre- fixo es - (< latín ex -), do mesmo xeito ca espedrigar ou esbreñar ( Pe- dra , Breña ), que se aplicar ía a área s que a man humana achanzou e limpou de obstáculos ou de vexetación. Esa foi sen dúbida a motiva- ción da área de Alba de Arriba denominada O Escampado . O Nomen- clátor recolle tres entidades de poboación galegas con ese nome, as tres na provincia de Pontevedra. En Galicia Nomeada recóllense máis de oitenta topónimos O Escampado ou O Escampadiño . Can, A Costa do Costa do Can Cans Cal, Cales, Cans Cans, Fonte das Fonte das Cans Cana — — Fonte das Canas (O Freixo) — — A Horta das Canas (O Freixo) — — O Campo das Canas (O Freixo) A cana común ( Arundo donax ) é unha especie vexetal relativamente abundante, empregada para diferentes usos (varas para cultivos, espe- cialmente das viñas, sebes que defenden do vento, canizos para secar as castañas ou outros produtos etc.). Cana é o resultado galego do latín cannam . Na forma simple ou nos derivados ( Caneiro, Canido e Canedo , Canizo , Canaval etc.) a referencia á cana común ten moita presen- za na toponimia galega, con frecuencia asociada ás áreas produtoras de viño, dado o seu emprego tradicional na viticultura. Na parroquia de Valadares temos o substantivo simple na Fonte das Canas e na Horta das Canas , nome dunhas terras de labor no Freixo próximas á Igrexa,
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==