Toponimia Valadares

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : va l a da r e s 70 O Campo do Río , ou tamén en plural, Os Campos do Río , é o nome dunha zona de cultivos e de arboredo na Garrida, ao sur de Seoane, na marxe dereita do río de Zamáns preto do encoro, onda a estrada Gondomar-O Porriño, na estrema meridional da parroquia. No Libro de afanegados vén caracterizado como arboredo e como labradío de rega- dío de segunda calidade. No Catastro de Ensenada tamén se menciona outro Campo do Río ou Campo do Río das Cortes no barrio do Portal. O s Campos de Babio é unha área de prados, mato e arboredo no barrio do Portal, ao oeste do parque tecnolóxico. Babio (  ) é o nome dun dos núcleos da veciña parroquia de Beade. Os Campos de Bautista é unha zona de prados e de mato ao sur dos Bértolos, nas Barrocas. O segundo elemento do composto é o nome persoal masculino Bautista , probablemente un antigo propietario. É un antropónimo vinculado a San Xoán Bautista, quen bautizou a Cristo. O derivado diminutivo co sufixo - iño , Campiño , está presente nos seguintes topónimos: Os Campiños é o nome dunha zona de terras de labor e de viven- das ao oeste do Portal e da Fonte da Vila, no barrio do Portal, detrás das vivendas que asoman á v í a pública chamada estrada do Portal. No Catastro de Ensenada e no Libro de afanegados rexístrase en singular, Campiño , cualificado como labradío de regadío de segunda e de tercei- ra calidade. Estes rexistros coa forma en singular permiten identificalo como o que aparece mencionado co mesmo nome de Campo de Cam- piño a finais do século xvi no preito do lugar do Portal. Os Campiños ( Campiños-Monte no mapa do centro veciñal) é o nome dunha zona de monte e de arboredo do barrio do Freixo, próxi- ma ao Zondal, cara ao sur. É posiblemente o que aparece en singular en varios rexistros do Catastro de Ensenada: « monte de primera calidad al sitio de Campiño » . Reciben tamén o mesmo nome de Os Campiños outras tres zonas de terras de labor no barrio da Garrida, rotulados como « Campiños 1 » , « Campiños 2 » e « Campiños 3 » no mapa do centro veciñal; o primeiro e o terceiro, ao oeste do camiño do Pinal e na confluencia deste coa estrada da Gándara, respectivamente; o segundo máis ao sur, nomea uns terreos lindantes coa zona chamada As Maquías. É posible que Campiño fose a denominación orixinaria de toda esa área de cultivos a ambos os lados da estrada de Valadares ao suroeste da estrada da Gándara. No Catastro de Ensenada e no Libro de afanegados aparece

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==