Toponimia Valadares
69 T O P Ó N I M O S onda o río de Zam án s, preto da rotonda alternativa do polígono da Pasaxe ( Torre ). O Campo das Canas é unha zona de mato e de terras de labor no barrio do Freixo, ao sueste de Sueido, que recibiría o seu nome por referencia á presenza de matos de canas no lugar ( Cana ). Os topó- nimos relacionados coa cana común adoitan multiplicarse nas zonas produtoras de viño, dado o uso tradicional das canas na viticultura. O Campo das Cans , no Freixo, toma o seu nome do nome xenérico da zona, coñecida como As Cans ( ). O Campo das Pedras é o nome duns prados en terras de labor no Freixo, ao leste do Campo da Torre, ao norte do núcleo da Eira. No Catastro de Ensenada aparece como Campo das Pedras , Campo da Eira das Pedras , Campo da Ayra de Pedra , Campo de Pedra de Ayra e outras variantes, cualificado como regadío e secaño de primeira e de segunda calidade. O Campo de Aceiteiros é denominación alternativa da zona chamada tamén simplemente Aceiteiros ( ). O Campo de Figueiras e mais O Campo da Figueira son denomina - cións alternativas no Catastro de Ensenada para a área do Freixo máis coñecida como A Figueira ( ), próxima ao Campo Longo e ao Campo Grande. O Campo do Abade ( Abade ). O Campo do Carreiro é unha zona de cultivos en San Xoán, no barrio do Freixo, á beira do Campo Grande. No Libro de afanegados , onde se cualifica este campo como terras de labradío de secaño de terceira, aparece como Campo do Carreiro e tamén como « Campo do Carreiro o Campo Grande » ( Carreiro ). O Campo do Muíño é o nome dunha área de terras cultivadas e de mato na estrema meridional da parroquia no barrio da Garrida, ao sur de Seoane, onda a estrada Gondomar-O Porriño e próxima ao encoro de Zamáns. No Libro de afanegados caracterízase como labradío de regadí o de segunda e de terceira calidade. Debe o seu nome á proximi- dade do muíño de Seoane ( Muíño ). O Campo do Rego é unha área con vivendas e campos de labor pre- to do Campo Longo, no barrio do Freixo. No Catastro de Ensenada e no Libro de afanegados cualifícase como labradío de regadío de segunda e de terceira calidade. O Campo do Rego é tamén unha pequena área de mato e de prados na Garrida, onda a estrada Gondomar-O Porriño, á beira do Campo do Río ( Rego ).
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==