Toponimia Valadares
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : va l a da r e s 68 próximo ou o nome da zona onde se atopa o campo. Enumerámolos e identificámolos aquí e remitimos o seu comentario para o lugar onde se fala do segundo elemento, segundo a orde alfabética. Son os seguintes: O Campo da Costa é unha zona de terras de labor, mato e arboredo na Garrida, ao leste no núcleo da Costa, ao oeste de Outide e da ave- nida de Clara Campoamor ( Costa ). O Campo da Eira ( Campo da Eira do Freixo nalgunhas fontes do- cumentais, para distinguilo do Campo da Eira das Barrocas) é o nome dunha zona de terras de labor e de vivendas no Freixo, ao norte do núcleo da Eira; no Libro de afanegados caracterízano como labrad ío de regadío de segunda calidade. Chámase tamén O Campo da Eira unha área de terras cultivadas ao noroeste do Tombiño no barrio das Barro- cas; no Catastro de Ensenada e no Libro de afanegados vén cualificado como labradío de regadío e de secaño de primeira e de segunda cali- dade ( Eira ). O Campo da Fonte é unha zona de mato, terras de labor, prados e arboredo na Garrida, ao sur de Seoane, onda a estrada Gondomar-O Porriño. No Catastro de Ensenada e no Libro de afanegados aparece caracterizado como labradío de regadío de segunda calidade. Tamén é coñecida como O Campo da Fonte ( Campo da Fonte-Silveira no Libro de afanegados ) unha área de cultivos no barrio das Barrocas, á beira da Veiga da Fonte, que nos séculos xviii e xix vén cualificada como labradío de secaño e de regadío de segunda calidade ( Fonte ). Repítese o nome de O Campo da Porta no barrio das Barrocas (ao norte da Cacheira) e no Freixo (á beira de Sueido). Ambos os lugares veñen rexistrados no Catastro de Ensenada e no Libro de afanegados como labradío de regadío de primeira e de segunda calidade. Coñéce- se tamén como O Campo da Porta unha zona do Carregal, na estrema coa parroquia de Matamá, polo nome das terras de labor inmediatas, pertencentes xa a esa parroquia ( Porta ). O Campo da Presa é unha área de terras de labor e de vivendas ao sur do núcleo do Carregal no barrio deste nome ( Presa ). O Campo da Torre é o nome de terreos agrícolas no barrio da Igrexa, na Barreira, ao leste do núcleo da Torre. Tamén se chama O Campo da Torre (alternando co plural Os Campos da Torre ) unha área de terras de labor, prado e mato en San Xoán, no Freixo, á beira do Campo Grande e do Campo do Carreiro. Repítese O Campo da Torre no extremo sur da parroquia, na Garrida, como nome dunha pequena zona de prados
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==