Toponimia Valadares
l i m i a r 5 Limiar 1 A toponimia constitúe un dos elementos máis singulares dos que conforman o denominado patrimonio cultural inmaterial dunha comunidade. Transmitidos de xeración en xeración, os nomes dos lugares reflicten a relación das xentes co seu medio natural ao longo dos séculos e forman parte da memoria común cargándoa de identidade local. A diferenza doutros elementos patrimoniais, a toponimia ten unha función social aínda viva: designar a realidade xeográfica. Xa que logo, a súa conservación pode garantirse simplemente co uso, con facer que siga cumprindo a súa función de designar o espazo: canto máis se usa, máis se afianza. Ademais, a súa salvagarda require máis vontade ca recursos. Vontade por parte das administracións e dos organismos responsables, e vontade de uso por parte da sociedade; razón pola cal o seu estudo e divulgación constitúen ferramentas útiles para fomentar a conciencia do seu inmenso valor e, con isto, a súa vixencia. A publicación desta achega á historia e ao significado dos topónimos de Valadares, incluída na colección da Toponimia do Val de Fragoso, obedece a ese propósito de divulgar o valor patrimonial dos nomes de lugar. Galicia posúe unha enorme riqueza toponímica, no que se refire ao número, variedade e antigüidade dos topónimos, pois aquí conflúen moitos dos factores que favorecen esa riqueza: a orografía irregular, a fragmentación da propiedade, a dispersión dos núcleos habitados, o asentamento continuado da poboación ao longo da historia… No século xviii xa chamara a atención sobre o tesouro dos nomes de lugar galegos o gran precursor dos estudos científicos da toponimia, o Padre
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==