Toponimia Valadares
67 T O P Ó N I M O S ( Campo Longo-Sobreiro , no Libro de afanegados ), localízase nas Barro- cas, ao norte da Portela de Alba, tamén con vivendas e terras de labor. Un terceiro O Campo Longo , no barrio do Carregal, próximo ao túnel, consta nese libro como Campo Longo-Seixos . Varios dos topónimos formados con campo son nomes compostos que teñen como segundo elemento unha referencia á súa posicion rela- tiva, « de Abaixo » , « de Arriba » , «do Medio» . As dúas primeiras indican situación máis baixa ou máis elevada respecto dun núcleo habitado; os campos cualificados como «do Medio» adoitan estar entre dous nú- cleos habitados. O Campo de Abaixo é unha zona de prados e de terras cultivadas no sur do barrio do Portal, ao sueste do Pedregal. Rexístrase en 1877 como labradío de regadío de segunda e de terceira calidade. Outro to- pónimo idéntico, O Campo de Abaixo , é unha pequena área de terras de labor, arboredo e mato en San Xoán, no barrio do Freixo, preto das Manguelas. No Libro de afanegados aparece cualificado como labradío de regadío de terceira calidade. O Campo de Arriba é unha pequena zona de mato e de cultivos ao norte do barrio do Carregal. Outro Campo de Arriba no barrio do Portal debe de ser o que figura no Libro de afanegados e noutras fontes como Campo de Arriba-Cavadón . Chámase O Campo do Medio unha zona de terras de labor e de vivendas no barrio do Carregal, entre O Caramancho e A Simona. O Campo do Medio , na Garrida, son terras de labor, arboredo e algunhas vivendas no sur da parroquia, entre a estrada Gondomar-O Porriño e a autoestrada, á beira da Constanza; figuraba no Catastro de Ensenada como monte de segunda calidade. Un terceiro topónimo idéntico, O Campo do Medio , consta nos libros de apeos de San Domingos de Pontevedra de 1646-1660 nas estremas dunha propiedade lindante ta- mén con A Moscaveira ( ), e no Libro de afanegados entre as terras de labradío dos veciños dos Fabás, na Sobreira, xunto cun Outeiro da Fame-Campo do Medio cualificado daquela como toxal; hoxe úsase en plural, Os Campos do Medio . En Riba dos Campos , unha área de monte en San Xoán, no Freixo, o topónimo vén motivado pola posición do lugar, elevada respecto dos campos de labor veciños. Outros topónimos compostos de campo responden á fórmula cam- po de seguido dun segundo elemento que polo regular é un topónimo
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==