Toponimia Valadares

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : va l a da r e s 66 — — Riba dos Campos (O Freixo) — — Os Campiños (O Portal) — — Campiño das Cans (A Garrida) — — Os Campiños (A Garrida) — — Os Campiños (O Freixo) — — O Escampado (As Barrocas, Alba de Arriba) O substantivo común campo (do latín campum ) ten enorme presenza na toponimia galega e na doutras áreas. Designa un espazo aberto, sen arboredo, polo regular chan ou con moi pouca pendente e dedicado preferentemente a cultivos. Na toponimia de Valadares está presen- te en numerosos nomes de lugar, case sempre formando compostos ( campo de + segundo elemento) ou en diminutivos ( campiño ). Cando designa terras cultivadas que reúnen eidos de diferentes propietarios, é frecuente a alternancia entre o nome en singular e en plural; nunha área chamada Campiño , por exemplo, cada propietario denomina ta- mén Campiño a súa propiedade e supón para o conxunto o mesmo nome en plural, Campiños . Esta é a razón de que en ocasións convivan un topónimo en singular e outro idéntico en plural para un mesmo espazo; cando se produce esa alternancia, a forma orixinaria é case sempre a singular, en tanto que a outra sería o que se chama un plural secundario . Entre os compostos de campo cun adxectivo só temos exemplos con grande e longo , que se refiren á extensión e á forma dos campos que designan. O Campo Grande é unha área de monte ao suroeste do barrio das Barrocas, na estrema da parroquia, na zona da Lapela. Rexístrase no Libro de afanegados como tomada. O Campo Grande é tamén o nome dunha zona de terras de labor en San Xoán, no Freixo, situada entre o Campo da Torre e o Campo do Carreiro. Esta consta no Catastro de Ensenada como Campo Grande e vén cualificado como cultivos de labradío e de secaño de primeira e de segunda calidade; tamén figura coa mesma cualificaci ón no Libro de afanegados . Un terceiro O Cam- po Grande nomea terras de labor ao leste da Grisvella, no barrio das Barrocas, que no Catastro de Ensenada veñen cualificadas como «sem - bradura de secano y regadío de primera calidad » . O Campo Longo é o nome dunha zona con vivendas e terras de labor en San Xoán, no barrio do Freixo, á beira do Campo do Rego e do Campo de Figueiras. Outro topónimo idéntico, O Campo Longo

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==