Toponimia Valadares

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : va l a da r e s 64 O Camiño dos Mancales , na Garrida, figura na actualidade co r ó tulo municipal errado, coa forma «Nancales» (  Mancal ). No Libro de afanegados recóllense dous topónimos Suocamiño ( Suocamiño , Subcamiño , Socamiño ) na Sobreira e na Igrexa, cualifica- dos como terras cultivadas (labradío de regadío de segunda calidade), que hoxe non puidemos localizar. O nome é un topónimo composto de O Camiño precedido da preposición so (< latín sub ), como en Suaeira (  ), Sueido (  ) etc., o que indica que recibiron o nome pola súa situa- ción relativa na parte de abaixo do camiño. Tres Camiños é o nome que recibe unha zona de monte ao sur de Seoane, á beira da Bouzana e o Campo do Medio, na Garrida, no estre- mo sur da parroquia, preto do linde con Vincios. Baixo a aparencia de topónimo de significado transparente, que se referiría á presenza de tres camiños no lugar, cremos que é a alteración dun topónimo orixinario Tras Camiño (cf. Traspalleiro ou Tras Palleiro , non moi lonxe). Proba- blemente se refire á súa situación, vista desde A Gándara e Seoane, máis alá do camiño; este camiño correspondería á actual estrada Gondomar-O Porriño, que na documentación histórica se menciona como o Camiño de San Colmado e como «camino de la Feria de Mos» nos mapas 1:50.000 do Instituto Xeográfico Nacional, do ano 1943. Campaza, Campaceira — — As Campaceiras (A Sobreira) — — Camiño das Campaceiras (A Sobreira) Os dicionarios definen o nome común campaza , un derivado de campo , como ‘lugar no monte onde nace a herba de maneira espontá- nea’, e é probablemente ese significado o que orixinou os nomes das localidades chamadas A Campaza ou As Campazas que recolle o No- menclátor de Galicia. En Valadares temos un derivado de campaza nos topónimos As Campaceiras e Camiño das Campaceiras , nunha área na estrema da Sobreira con Beade, maioritariamente pertencente a esta parroquia, que quedou soterrada polo parque tecnolóxico. No Libro de afanegados , as propiedades situadas nas Campaceiras veñen cualifica- das como ameal de primeira calidade.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==