Toponimia Valadares

63 T O P Ó N I M O S da, no mesmo libro). Nos preitos do século xvi menciónase un «camino que biene de la dehesa del rey al puerto de carro » . Camiño do Caseiro é o nome dunha vía pública no barrio das Ba- rrocas, probablemente orixinado por referencia a alguén que exerceu de caseiro , na acepción de ‘quen se ocupa dos bens e facendas dunha persoa que xeralmente non vive no campo’. O Camiño do Cruceiro é unha vía perpendicular á estrada da Gán- dara, na Garrida. Constitúe a prolongación, cara ao norte, do camiño que ao sur desta estrada se denomina Camiño do Cacheiro (  ). Sen constancia da presenza dun cruceiro monumental de pedra no lugar, o cruceiro que motivou o nome puido ser simplemente a encrucillada (o Cruceiro da Areosa  ), onde conflúe este camiño co chamado Camiño da Areosa . É coñecid a como o Camiño do Monte unha vía pública asfaltada perpendicular á estrada da Escola da Sobreira, coa cal conflúe na ave- nida de Clara Campoamor. No catastro actual, os lugares situados neste camiño constan domiciliados na estrada da Escola da Sobreira ou no Padrón do Couto. O Camiño de Peimallo recibe o seu nome da zona denominada Peimallo (  ), no barrio do Freixo. O Camiño do Piñeiro probablemente recibiu o seu nome do veciño Outeiro do Piñeiro  (  ), na Sobreira. Do mesmo xeito, o Camiño do Pinal refírese á área chamada O Pinal (  ). Levan o rótulo municipal de Camiño do Portal diferentes vías próxi- mas situadas no barrio do Portal (  ), do cal toman o seu nome. Unha das súas ramas é o Camiño da Devesa , que recibe o nome da veciña Devesa da Sobreira. O Camiño do Souto é unha vía publica no barrio da Sobreira. Non debe confundirse coa chamada Estrada do Souto (  ) entre As Barrocas e a Igrexa, onda a estrada do Freixo, que toma o seu nome do núcleo habitado do Souto. O Camiño dos Cañotais , no Carregal, recibe o seu nome da área chamada Os Cañotais (  ) e é topónimo compartido coa parroquia de Beade. O Camiño dos Liñares , no barrio da Igrexa, toma o nome dunha área situada ao leste da Igrexa denominada Os Liñares (  ), con terras de la- bor, mato e arboredo entre a estrada do Souto e o camiño do Caseiro.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==