Toponimia Valadares
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : va l a da r e s 62 No nome do Camiño da Marquesa consérvase a referencia ao mar- quesado que exerceu señorío na parroquia no Antigo Réxime. Non dis- poñemos de información suficiente que nos permita saber se o topó- nimo se refire a unha marquesa ou contén un feminino de propietario relativo ao marqués ( A Marquesa = ‘a do Marqués’, como A Simona = ‘A de Simón’ ou A Garrida = ‘A de Garrido’). Reciben o nome de Camiño da Pomba varias vías públicas no barrio da Garrida, entre A Garrida, A Sobreira e Seoane ( Pomba ). O Camiño da Valada toma o seu nome do lugar chamado A Valada ( ), na área da Garrida. O Camiño do Caramanchel , tamén na Garrida, toma o seu nome da zona denominada O Caramanchel ( ). O Camiño de Quinta toma o seu nome do lugar de Quinta ( ). Rexístrase con ese nome no Catastro de Ensenada ( «al sitio de camino de Quinta » ). O Camiño do Regueiro do Forno toma o seu nome dese pequeno curso de auga de Seoane ( Regueiro do Forno ). O Camiño do Sapo , no barrio do Portal, debeu de recibir ese nome pola proximidade á Fonte do Sapo ( ). O Camiño dos Seixos é unha v ía pública entre a estrada de Valada - res e o camiño da Simona, no barrio do Carregal ( Seixos ). Coñécese como o Camiño de Seoane ( ) a estrada que comunica a avenida de Clara Campoamor e a estrada Gondomar-O Porriño, no extremo sueste da parroquia (ao sur da Sobreira, ao leste da Garrida) no linde con Zamáns. O Camiño de Vales é unha pequena estrada ao suroeste da área chama Vales ( ), no barrio da Sobreira, ao oeste da avenida de Clara Campoamor, desde onde ten entrada. O Camiño do Cacheiro , no barrio da Garrida, recibe o seu nome da área denominada O Cacheiro ( ) e vén sendo a prolongación do camiño do Cruceiro despois da estrada da Gándara. O Camiño do Canizo é unha vía pública no Carregal; recibe o seu nome da área habitada denominada O Canizo ( ). Ref írense a un antigo Camiño do Carro varios topónimos como Fal- cón-Camiño do Carro , que denomina prados, terras e mato ao sur da Sobreira, e outros que se rexistran na documentación, como O Cocho- Camiño do Carro (prados de segunda calidade, segundo o Libro de afa- negados ) ou Padrón-Camiño do Carro (labradío de regadío de segun-
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==